A obra do Mercado

Ampliar Foto...
Estado inicial da praza
Ampliar Foto...
Estado inicial da praza
Ampliar Foto...
Estado inicial da praza
Ampliar Foto...
Estado inicial da praza
Ampliar Foto...
Durante as Obras da Praza
Ampliar Foto...
Durante as Obras da Praza

A Praza de Abastos de Monforte estaba dividida en tres naves, unha para froitas e verduras e outras dúas para o resto dos produtos. Dos 22 postos dispoñibles só 11 estaban ocupados e outros tres praceiros a piques de xubilarse. O edificio presentaba problemas estruturais importantes e unha estética interior propia dos anos 80.

Estudio Nomada  de Santiago de Compostela, con José Antonio Vázquez á cabeza, deseñaron un proxecto de reforma que pretendía reconverter o mercado nun espazo moderno no seu interior, pero que conservara a súa fisonomía no exterior, realzando a nave central, que é a parte histórica e integrando as dúas naves laterais que eran engadidos porteriores.Abrindo grandes ventanais que permitisen a visión global do edificio, a entrada de luz natural e que as diferentes zonas quedasen comunicadas entre si. Para o Mercado do día optouse por unha estética limpa que resaltase a frescura dos produtos. Para a nave central, a dos Mercados Temáticos, un ambiente de tenda delicatessen e no Espazo Gastronómico un toque branco, limpo e un ambiente para comer “comida de mercado”

B+T Arquitectos en colaboración con  Aliciadecor ocupáronse do deseño interior do espazo destinado aos MERCADOS TEMÁTICOS e ao ESPAZO GASTRONÓMICO, deseñando un mobiliario moderno e lixeiro, no que predomina o branco e a madeira natural. Nos Mercados temáticos todos os elementos son móbiles, de tal forma que se poden adecuar a cada tipo de mercado ou retirarse facilmente para outro tipo de actividade, iso si, con mostradores inclinados para non esquecer que estamos nunha praza de abastos. No espazo gastronómico o branco mestúrase cun toque verde mazá e madeira aportándolle frescura, cunha decoración en consonancia co resto do edificio.

Información e Contacto
Tel. 982 40 25 01
mercados@monfortedelemos.es
by
Ainet Consulting