A Equipa

imagen...

Rural Consulting foi a empresa responsable deste gran proxecto. Despois de visitar distintas prazas de abastos de España e Europa, realizou unha memoria na que se definía o conceto do novo mercado e na que se incluía, entre outros aspectos, como innovación aos proxectos xa existentes, a de celebrar mercados temáticos que permitisen ao maior número posible de comerciantes e produtores beneficiarse da nova orientación.

Rural Consulting traballou cun equipo multidisciplinar no que participaron arquitectos, deseñadores de interiores, inxenieros, deseñadores gráficos, programadores, comunicadores, expertos en turismo e outros profesionais que se ocuparon de todos e cada un dos aspectos vinculados ao mesmo: desde o primeiro esbozo ata a posta en marcha e posterior desenrolo.

No caso de Mercados de Monforte a súa tarefa ten ido moito máis ala da remodelación arquitectónica e conceptual, xa que incluso se ten ocupado de asesorar aos placeiros, os comerciantes e os produtores, resolvendo as suas dubidas sobre decoración e estratexia comercial. En cada mercado a empresa ocúpase de propoñer a temática e de buscar e animar aos posibles participantes. Finalizado o mercado realiza unha completa avaliación sobre vendas, grao de satisfacción, asistencia e detecta aspectos que deben ser correxidos.
 

Información e Contacto
Tel. 982 40 25 01
mercados@monfortedelemos.es
by
Ainet Consulting