A Transformación

Ampliar Foto...

A nova Praza de Abastos de Monforte é un concepto innovador, pensado e deseñado para os amantes da gastronomía local. Está dividida en tres espazos diferenciados e á vez complementarios, nos que se poden mercar e degustar os mellores produtos da Ribeira Sacra e de Galicia. 

MERCADO DO DÍA: Aquí os praceiros “de sempre” venden produtos frescos, carnes, peixes, froitas, verduras, ovos, queixos... Son produtos “da casa”, animais criados polo propios praceiros e hortalizas procedentes dos hortos familiares.

MERCADOS TEMÁTICOS: No espazo central da Praza de Abastos, celébranse periodicamente mercados temáticos que, como o seu nome indica, en cada ocasión están dedicados a un tema, neles preséntanse e comercialízanse produtos de calidade da zona e de Galicia. Cada cita reúne os produtores para ofrecerlles aos consumidores a posibilidade de coñecelos. Empanadas, pans, queixos,  viños, embutidos, conservas etc.

ESPAZO GASTRONÓMICO: Un lugar perfecto para a degustación do mellor de Galicia. Damián Novoa, o noso cociñeiro, deseñou para este espazo unha oferta gastronómica partindo dos produtos da comarca  e pensando no deleite e no pracer. É un restaurante tapería cunha carta “de mercado” que con cada mercado temático se renova para que nun mesmo edificio poidas coñecer o produtor, degustar os seus produtos e se che gustan, mercalos. 

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

 

Información e Contacto
Tel. 982 40 25 01
mercados@monfortedelemos.es
by
Ainet Consulting