Aínda que novo, Damián Seijas, leva xa percorrido un longo camiño de experiencias por distintos países de Europa, traballando na restauración e participando en concursos do máis alto nivel.
Formado na Escola de hostalería de Vilamarín, Ourense e posteriormente na Escola de Hostalería e Turismo de Santiago de Compostela, Damián Seijas, faise cargo da xerencia do Espazo Gastronómico da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, coa ilusión de atraer a un público esixente, bo entendedor e con interese en probar “as cousas de sempre, pero elaboradas con cariño e profesionalidade”
Deseñou para elo unha oferta Gastronómica partindo dos produtos da comarca e de Galicia, como base de todos os pratos, que se ofertará pensando no deleite e no pracer gastronómico. Seguindo esta filosofía poderán degustarse pinchos variados con cada consumición, tapas do día e unha carta de tapas máis elaboradas.
Damian é ademais un experto BARISTA, un profesional especializado no café de alta calidade, que traballa creando novas e diferentes bebidas baseadas nel, usando varios tipos de leites, esencias e licores. Recentemente recibiu o premio ao MELLOR ESPRESSO, no VII Campionato de España de Baristas celebrado en Barcelona.
OUTROS PREMIOS E GALARDÓNS