O Mercado dos Queixos de Galicia nos Medios de Comunicación

15/10/2012

O Mercado dos Queixos de Galicia, celebrado en Monforte a pasada fin de semana, rexistrou un volume de vendas de aproximadamente 2.110 unidades dos diferentes produtos que alí se ofertaron, segundo datos facilitados polos empresarios que acudiron a esta cita.

O Mercado dos Queixos contou coa participación de produtores de queixo de tódalas D.O. e Indicacións Xeográficas Protexidas da comunidade autónoma: Arzúa - Ulloa, San Simón da Costa, Queixo Tetilla e Cebreiro.

Ademais, tamén houbo presenza doutras variedades sen D.O., caso do queixo de cabra, cremoso, curado, curado picante e do queixo fresco, así como de produtos vinculados a este tipo de elaboración como o requeixo, o leite cru manteigoso, ou a torta de queixo, algún deles coa cualificación de produto ecolóxico.

Os dez produtores que participaron no mercado puxeron á venda unidades con diferente formato e peso, variando a oferta entre produtos de 200, 400 e 600 gr.

La Voz de Galicia

Concello de Monforte de Lemos

El Progreso

 


    Mercado do Pan, Empanadas e Doces Tradicionais
    Información e Contacto
    Tel. 982 40 25 01
    mercados@monfortedelemos.es
    by
    Ainet Consulting