Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Xaneiro - 2018  |  13:56:47
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Casa da Cultura acollerá este sábado os actos do Ano Lois Pereiro

08/04/2015 - Cultura

As concelleiras presentando os actos na Casa da Cultura

As concelleiras Pilar López e Mª Xosé Vega presentaron o programa de actos que se levará a cabo este sábado para lembrar e recoñecer a figura e a obra do escritor e poeta monfortino Lois Pereiro.

 

As actividades deste sábado teñen a súa orixe nunha moción do grupo de goberno que foi aprobada na sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal o pasado 26 de xaneiro. Nesta proposta recollíase declarar o 2015 como Ano Lois Pereiro e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.

 

Os actos, abertos á participación da cidadanía, comezarán ás 11:45 h coa recepción á familia de Lois Pereiro, e ás autoridades e invitados/as.

 

Ás 12:00 h celebrarase o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO, dándose lectura á acta da sesión plenaria onde se recolle este acordo.

 

Ás 12:15 h abrirase a Biblioteca Pública Municipal e realizarase o selado de diferentes libros de, e sobre Lois Pereiro co novo selo coa súa imaxe.

 

A partir das 12:30 h, no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ó público no que participarán varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).

 

Este acto comezará co saúdo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e continuará coa lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros/as, dos e das escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais.

 

O Concello encargou unhas chapas con estrofas de poemas de Lois Pereiro, chapas que se repartirán entre as persoas que asistan ó acto.

 

A xornada conmemorativa rematará ás 21:00 h cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos VERA LYNN e OS TRES TREBÓNS.

 

Por outra banda, as portas de acceso á Biblioteca Pública Municipal serán rotuladas coa imaxe do poeta e o nome que a partir do sábado denominará a este centro de estudo e lectura.

 

Ademais das actividades programadas para este sábado, ó largo do ano 2015 desenvolveranse varios actos sobre a figura de Lois Pereiro. O primeiro deles levarase a cabo este xoves día 9 de abril e terá coma escenario os tres IES da cidade.

 

García, integrante do grupo Diosketekrew, e o cantautor punk Leo, ofrecerán ó estudantado de bacharelato unha charla-actuación para divulgar e motivar á mocidade na participación dos actos do sábado día 11.

 

García e Leo teñen musicado varios poemas de Lois Pereiro, ademais Leo (filólogo e profesor de galego) é un erudito na obra do escritor e poeta monfortino.

 

As charlas serán ás 10:15 h no IES Daviña Rey, ás 12:00 h no IES Río Cabe, e ás 13:25 h no IES A Pinguela.

 

Todas estas actividades contan co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organismo ó que, unha vez máis, as concelleiras amosaron o agradecemento do Concello de Monforte pola súa ampla colaboración.

 

  



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting