Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Setembro - 2017  |  21:36:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O XVI Festival de Habaneras Concello de Monforte reúne ó Orfeón de Mieres e á Coral Polifónica

27/08/2015 - Novas de Monforte

A praza de España acolle o sábado 29 de agosto ás 21:00 horas da noite a celebración dunha cita clásica do verán musical monfortino: o Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos que cumpre a décimo sexta edición e que organiza a Concellería de Cultura coa colaboración Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.

O Festival de Habaneras desenvolverá a edición número dezaseis avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.

O cartel deste ano está conformado polo centenario e laureado Orfeón de Mieres, o coro máis antigo de Asturias e un dos máis veteranos de España, que visitan a Vila do Cabe por segunda vez. Na actualidade, está composto por 37 voces mixtas e está dirixido por Joaquín María Sandúa Fernández. O segundo concerto correrá a cargo da Coral Polifónica do Concello de Monforte, fundada en 1996, composta por 45 voces mixtas e dirixida por Fernando Sanmartino Pérez. No seu repertorio inclúen música sacra, música popular galega, panxoliñas ou habaneras entre outros estilos.

A Coral de Mieres abre o programa do festival coa interpretación de seis temas de distintos compositores, continúa a Coral Polifónica interpretando cinco composicións tamén de autoría diversa e o peche póñeno as dúas corais que interpretarán de maneira conxunta a canción popular mineira “Santa Bárbara” e o “Velaí Vai” da tradición popular galega. 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting