Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  9:14:50
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello de Monforte e o IES Daviña Rey repartirán un milleiro de mapas Metro Minuto da cidade

23/05/2016 - Educación

O Concello vén de facerse cargo do custe derivado da edición dun milleiro de mapas Metro Minuto de Monforte, un proxecto elaborado polos alumnos do instituto Daviña Rey e co que se pretende fomentar que os desprazamentos pola cidade se realicen a pé. Trala edición dos folletos, está previsto que os alumnos se encarguen da distribución dos mesmos para darlles a máxima difusión posible. A idea inicial é que os mapas poidan conseguirse a través da Oficina Municipal de Turismo, dos hoteis e dos principais establecementos hostaleiros.

 

“O pasado mes de marzo mantiven unha xuntanza co director do IES Daviña Rey e tamén cun grupo de alumnos deste instituto. Na xuntanza puxen de manifesto o meu compromiso de colaborar con eles para que o Metro Minuto fose unha realidade”, explica o alcalde, José Tomé Roca. O mandatario local engade que “agora xa temos editados ó redor dun milleiro de mapas e o  noso obxectivo é darlles a máxima difusión, consideramos que poden ser unha ferramenta moi útil para que a xente que nos visite poida desprazarse pola nosa cidade dun xeito moito máis doado”. Tomé Roca apuntou tamén que “o mapa ofrece información moi útil, como por exemplo, os teléfonos da policía local ou do Hospital Comarcal”.

 

O concello de Monforte e o IES Daviña Rey asinaron un convenio no que se  establece a colaboración para fomentar a divulgación do mapa. Entre outros aspectos, o documento recolle que a policía local impartirá charlas informativas sobre boas prácticas de mobilidade na cidade.O instituto tamén cede os dereitos de publicación do novo mapa de rutas ao concello, coa única petición de figurar nel como colaborador.

 

Mobilidade sostible e segura

 

Un cento de alumnos de secundaria e de primeiro de bacharelato do IES Daviña Rey elaboraron proxecto de mobilidade sostible e segura Tips de Ruta. Os estudantes crearon un mapa que recolle as rutas cos itinerarios máis curtos para poder desprazarse por Monforte.

 

O plano que elaboraron inclúe os metros e o tempo que se tarda en percorrer a pé que as distancias que hai entre as rúas, os barrios, os propios centros educativos e outros lugares de interese do casco urbano.  Os rapaces explican que “queremos que a xente non colla tanto o coche para moverse por aquí.” A parte inferior do mapa conta cun código QR e através del é posible acceder ó mapa real feito con google maps.

 

Máis detalles das rutas no seguinte enlace: https://www.google.com/maps/d/embed?mid=1s91679SR3U69Z3RNDvB58Ap9aPI


  • Ampliar Foto...

Documentación AdicionalDocumentación Adicional


Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting