Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xuño - 2017  |  12:37:24
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde asina o contrato que vai permitir a construción da depuradora do Porto Seco

09/03/2017 - Avisos Municipais

O Alcalde, José Tomé, e o representante da empresa Obras y Viales de Galicia S.L. (OVIGA S.L.), Luis A. García, asinaron esta mañá no Concello o contrato que vai permitir a construción da depuradora do Porto Seco. Tralo acto, o mandatario local, o director de obra e os representantes de OVIGA trasladáronse ata a plataforma loxística e realizaron un percorrido pola súa superficie. Foi unha primeira toma de contacto sobre o terreo para ver o percorrido que deberán seguir as augas residuais ata o río Cabe, así como para analizar o xeito no que deben realizarse os traballos para que todo transcorra correctamente.

 

A previsión é que a obra da depuradora dure dous meses e que estea rematada ó longo da primavera, previsiblemente, a finais de maio ou comezos de xuño; tal e como xa anunciara o Alcalde con anterioridade. A actuación terá un custe de 255.154,05 euros, co IVE engadido; trátase da oferta económica máis vantaxosa de todas as empresas que se presentaron ó concurso.

 

O mandatario local destaca que “grazas a este último trámite que acabamos de realizar, a sinatura do contrato coa empresa OVIGA, por fin, en moi poucos meses, a plataforma loxística terá en servizo o saneamento que faltaba para que as empresas poidan instalarse nas súas parcelas”.

 

Por outra parte, o mandatario local sinala que “a sinatura do contrato demostra que dende o Concello poñemos o punto final a un capítulo que durou demasiado tempo. Esperamos que a implantación de empresas se cumpra canto antes. O Concello está desexando poder conceder licenzas a calquera empresa que o solicite e presente a documentación necesaria”.

 

Había outras trece empresas que optaban á construción da depuradora na plataforma loxística: Construcciones Taboada y Ramos, Espina y Delfín, Canalis Soluciones Tecnológicas, Aquanor Aguas del Noroeste, Hordescon, Extraco, Misturas, Asogal Construcciones, Grupo Bascuas 2008, Petrolam Infraestructuras, Construcciones Orega, Oviga e Construcciones Rafer.

 

Esforzo do Concello de Monforte

 

O Alcalde, José Tomé, e a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, asinaron en maio do pasado ano un convenio de colaboración entre as dúas administracións; foi o punto de partida que vai permitir resolver o problema de saneamento do Porto Seco.

 

O documento establecía que o Concello de Monforte e o goberno galego pagarían a medias a obra da estación depuradora de augas residuais da plataforma loxística.Trala sinatura dese convenio, a administración municipal puxo en marcha os trámites oportunos coa Axencia Galega de Infraestruturas, o ADIF e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para poder obter os permisos que permitan a construción da depuradora que precisa o Porto Seco.

Futuro para o Porto Seco

Esta solución de dotar ó Porto Seco dunha depuradora propia prodúcese despois de que o Concello puxera enriba da mesa este problema, que levaba sen resolver dende o ano 2011, cando a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comunicara por escrito que non autorizaba a conexión da plataforma loxística á rede municipal de saneamento.

José Tomé sinala que “dende o Concello consideramos que, unha vez resolto o problema do saneamento, non hai escusas para que as empresa que estaban comprometidas se instalen definitivamente no Porto Seco, unha vez que tramiten as correspondentes licenzas”.


  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting