Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Marzo - 2017  |  3:02:37
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde supervisa os traballos de poda que se realizaron na finca do convento das Clarisas

10/03/2017 - Cultura

O Alcalde, José Tomé, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Iván Torres

O Alcalde, José Tomé, visitou esta mañá o convento das Clarisas para supervisar o remate das tarefas de poda de parrais, de cepa baixa e de árbores frutais que ó longo de catro días realizaron dous traballadores da brigada municipal de xardíns.

 

Durante o percorrido pola finca, o mandatario local estivo acompañado polo portavoz e concelleiro de Medio Ambiente, Iván Torres, pola madre superiora e a vicaria do convento.

 

José Tomé explicou que “estes traballos que se acaban de realizar enmárcanse dentro da colaboración que o Concello de Monforte presta á institución do convento das Clarisas. O obxectivo é o de contribuír a que a finca que está tralo convento se manteña o mellor  acondicionada posible”. O Alcalde engadiu que “a avanzada idade da maioría das relixiosas impide que elas mesmas poidan facer estas labores”.

 

Por outra parte, o rexedor apuntou que “o convento das Clarisas é unha institución que alberga un dos mellores museos de arte sacro e italiano do século XVI onde o Concello tamén colabora cunha axuda para o mantemento deste espazo cultural que é  único”.

 

A nai superiora e a vicaria puxeron de manifesto as dificultades que teñen para poder manter en boas condicións as instalacións da finca. Durante o encontro co Alcalde, as relixiosas agradeceron a colaboración realizada pola administración municipal. Pola súa parte, José Tomé amosouse disposto a seguir colaborando no futuro co convento así como a continuar coa realización deste tipo de actuacións de mantemento. 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting