Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Xullo - 2017  |  2:45:47
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello presenta o vídeo e o cartel promocional da XV edición da Feira Medieval, que se celebrará o 15 e 16 de abril

10/03/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde, José Tomé, deu a coñecer a campaña promocional que o Concelloten en marcha para darlle a máxima difusión posible á Feira Medieval, que se vai celebrar os vindeiros 15 e 16 de abril. Durante a roda de prensa o rexedor estivo acompañado da concelleira de Cultura, Marina Doutón, do produtor Iván Patiño, e do deseñador do cartel Xosé Quiroga.

 

 “Queremos conseguir a máxima difusión da XV edición da Feira Medieval para que o evento siga medrando”, explicou o mandatario local, “por este motivo, o que facemos é adiantar aínda máis a promoción dos tempos da feira para chegar a máis xente doutras vilas e cidades, e polo tanto, que sexa máis coñecida e que a xente poida incluíla dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións da Semana Santa”.

 

José Tomé engadiu que “este ano máis dun cento de postos, en concreto, 116, solicitaron xa participar neste evento. Esta é a cifra máis alta dende que se celebra a Feira; un dato que demostra como este acontecemento se consolida cada vez máis”.

 

Por outra parte, o Alcalde adiantou que “nesta décimo quinta edición aumentamos o espazo que vai ocupar a Feira Medieval, que vai ter o mesmo que tivo o ano pasado pero, a maiores, recuperamos a zona do cárcere vello, e a rúa Falagueira aproximadamente ata a metade e tamén a rúa Pescaderías, para poder desenvolver alí actividades”.

 

Vídeo e cartel para a promoción da Feira Medieval

 

As imaxes do vídeo que se presentou hoxe foron filmadas durante a Feira Medieval do pasado ano. “Desta volta incorporamos novos elementos, como é o caso do dron, que nos axudou a construír un relato moito máis heroico. O noso obxectivo era conseguir algo dinámico que estivera á altura dun dos acontecementos máis importantes de Monforte”, explicou Iván Patiño. O produtor de Amanita Films dixo tamén que, ó igual que o pasado ano, a composición da banda sonora é obra do monfortino Fabio González.

 

O vídeo promocional vaise difundir a través do mupi do Cardeal, do facebook do Concello e tamén dende a web do Eixo Atlántico. Este organismo vaise encargar de distribuílo ós 38 concellos que conforman a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

Pola súa parte, o autor do cartel, Xosé Quiroga, destacou que “o motivo principal do deseño é a Tau, que está moi arraigada á nosa historia, foi principalmente o noso escudo durante moito. Ó mesmo tempo, no meu deseño quixen facer unha chiscadela á tradición da fabricación da seda”.

Máis publicidade

O mandatario local engadiu que ademais haberá insercións publicitarias tanto en medios locaiscomo provinciais e autonómicos, tanto nos nos xornais como nas emisoras.

“Repartiremos carteis en todos os establecementos para colocalos nos negocios e nos kioscos de Monforte. Por outra parte, imos encargarnos de distribuílos por toda a comarca e tamén nas principais cidades de Galicia”, detallou o Alcalde.

 

José Tomé explicou que tamén se encargaron unhas banderolas para poder penduralas nas farolas de Chantada e de Sober, que celebrarán as súas respectivas Feiras do Viño. “Dous eventos que teñen unha afluencia de visitantes moi importante”, matizou Tomé Roca.

 

VÍDEO PROMOCIONAL

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1376495802458687&id=114459151995698


  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting