Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Setembro - 2017  |  21:22:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello comeza cos traballos para mellorar a iluminación da rúa Cobas, do polígono industrial e do Paseo da Compañía

14/03/2017 - Avisos Municipais

Tal e como anunciara o Alcalde, O Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. Hoxe estas tarefas comezarán na rúa Cobas así como no vial número 1 do polígono industrial do Reboredo e no Paseo da Compañía. José Tomé destaca que “se trata duns traballos que van axudar a incrementar a eficiencia enerxética e, unha vez rematados, melloraremos o servizo que se lle presta ós veciños”.

 

A previsión é que esta semana os traballos estean rematados na rúa Cobas mentres que no polígono industrial as tarefas concluirán a mediados da vindeira semana.

 

Rúa Cobas

 

No caso da rúa Cobas a actuación vaise facer dende a rúa Ourense ata a rúa do Río, tamén se vai renovar a iluminación na rúa que da acceso á gardería municipal e na propia rúa do Río. Aquí vaise renovar o cadro de mando e vanse substituír 28 luminarias. O mandatario local explica que “nesta zona a instalación está completamente obsoleta e proporciona moi pouca iluminación. Por outra parte, o cadro de mando está deteriorado e hai tempo que non cumpre co regulamento de baixa tensión”.

 

Paseo da Compañía

 

Os traballos previstos inclúen a reposición de dúas farolas na zona da Compañía: “neste caso, vaise colocar unha farola en cada unha das beirarrúas á altura do bar Cristal. Un accidente de coche provocara a rotura destas farolas e non se repuxeran no seu momento”, apunta o Alcalde.

 

Polígono industrial

 

No polígono industrial do Reboredo as obras van comezar na esquina de Queserías Prado e Euroserum, no entronque coa estrada da Deputación provincial ata o enlace coas rúas 2 e 3, xunto ó taller mecánico Manolo. Neste caso, a actuación consistirá nun cambio de luminarias, posto que as actuais teñen un elevado consumo enerxético.

 

Tecnoloxía moderna e alta eficiencia enerxética

 

As luminarias que se van instalar son de tecnoloxía led, polo que se conseguirá un maior aforro e eficiencia enerxética esen perda de calidade lumínica.

Todos estes traballos terán un custe de 33.775 euros. Estas tarefas de actualización do alumeado público súmanse ó que xa se leva realizado en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. “Temos a vontade de seguir facendo actuacións deste tipo noutras rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público, co obxectivo de que Monforte sexa unha cidade máis luminosa”, concluíu o Alcalde, José Tomé Roca.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting