Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Abril - 2017  |  22:27:36
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Por primeira vez, o Concello de Monforte instala iluminación diante das Casitas da Compañía

10/04/2017 - Avisos Municipais

Tal e como anunciara o Alcalde,o Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. As últimas tarefas estiveron realizándose na Praza de España e en diferentes rúas do casco histórico, entre elas, Doutor Teixeiro, Bailén, Julio Camba e Inés de Castro.

 

En concreto, en todos estes puntos os traballos consistiron no cambio do actual alumeado de vapor de sodio e que desprende unha luz amarela, por outro novo de haloxenuro metálico e que, neste caso, emite unha luz branca que xera unha mellor visión. A actuación levouse a cabo nun total de 40 farolas.

 

Por outra parte, o goberno municipal colocou tres proxectores de luz diante das Casitas da Compañía, un espazo que ata o de agora, carecía de iluminación pública.

 

Máis rendemento lumínico

 

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “con estes traballos o que imos conseguir é aumentar o rendemento lumínico da instalación pero sen que haxa un incremento no consumo. Tal e como vimos demostrando nestes últimos meses con diferentes actuacións como na rúa Ferrocarril, no Paseo do Malecón, en Aceña Nova, na rúa do Cardeal, en Abeledos, ou no parque infantil da Compañía; unha das prioridades deste goberno municipal está sendo de recuperar e mellorar a iluminación de Monforte”.

 

Estas tarefas de actualización do alumeado público súmanse ós traballos que se xa se levaron a cabo en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. “Temos a vontade de seguir facendo actuacións deste tipo noutras rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público, co obxectivo de que Monforte sexa unha cidade máis luminosa”, explicou o Alcalde, José Tomé Roca.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting