Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  0:01:00
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte acollerá os días 14, 15 e 16 de xullo un Festival do Viño da Ribeira Sacra

06/05/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde acompañado do Presidente do Consello Regulador

O Concello de Monforte e o Consello Regulador están organizando unha Mostra-Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se vai celebrar na cidade do Cabe os días 14, 15 e 16 de xullo e que terá como escenario o Paseo do Malecón. O Alcalde destaca que “o evento será o colofón de todas as feiras que se realizan nos diferentes concellos da Denominación de Orixe”. José Tomé apunta tamén que “pensamos que a Mostra debe ir enfocada máis cara a promoción que cara a venda, aínda que iso non significa que non se poida vender”.

 

Foi o propio mandatario local quen lle propuxo ó Presidente do Consello Regulador e a outros adegueiros a súa vontade de celebrar na cidade do Cabe un evento relacionado co viño: “considero que Monforte non pode nin debe estar á marxe do mundo do viño da Ribeira Sacra con todo o que isto representa, nin tampouco a Denominación de Orixe pode desenvolverse plenamente sen contar coa nosa cidade”. Por outra parte, o Alcalde sinalou que “para poñer a andar a Mostra do Viño da Ribeira Sacra en Monforte, pensamos que sería un bo momento iniciar a andadura do evento coincidindo coa celebración do 25 aniversario da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra”. A previsión é que neste evento se dean cita ó redor dunha trintena de adegas.

 

Paralelamente á celebración da Mostra do Viño haberá outras actividades, entre elas, eventos gastronómicos, exposicións, conferencias, espectáculos e concursos. Por iso, o rexedor monfortino considera que “o evento será un reclamo para atraer turistas a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, algo que repercutirá de xeito moi positivo na economía da comarca; particularmente, no mundo do viño, da hostalería e do comercio”.

 

Continuidade no tempo

 

Durante a presentación da Mostra, José Tomé apuntou tamén que “a nosa pretensión é que o evento teña continuidade e mesmo que poida adaptarse a novas fórmulas de promoción, porque entendemos que este é un traballo permanente, de longo percorrido e que non remata nunca”.

 

O mandatario local destacou que Monforte, como capital da Ribeira Sacra e sede do Consello Regulador, debe ter eventos que o relacionen co viño “dun xeito claro e permanente para contribuír á difusión e promoción que levamos facendo entre todos nos últimos 25 anos”.

 

Para a celebración da Mostra do Viño, o Concello contará coa colaboración económica das Deputacións de Lugo e Ourense e do propio sector do viño. Para iso, a administración municipal ten previsto asinar un convenio de colaboración coa Denominación de Orixe.

 

A previsión é que a celebración deste evento teña un custe de, aproximadamente, 50.000 euros.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting