Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Maio - 2017  |  7:30:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Casa da Cultura acolle unha exposición dedicada a 26 escritores da comarca de Lemos

08/05/2017 - Cultura

O Alcalde e a concelleira de Cultura visitan a exposición

A Casa da Cultura de Monforte acolle dende hoxe a mostra26 pequenas olladas ás letras de Lemos do A ó Z, unha exposición que forma parte da programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, e que se poderá visitar ata o vindeiro 26 de maio.

 

O Alcalde, José Tomé, destaca que “esta exposición é un achegamento a 26 escritores e escritoras vinculados todos eles coas terras de Lemos, ben sexa porque naceron aquí ou ben porque a nosa comarca lles serviu de fonte de inspiración para os seus traballos”. O mandatario local apunta tamén que “a mostra xira ó redor das letras e exponse na primavera, unha estación moi imporante para a arte da palabra, posto que nesta época conmemoramos o Día do Libro, que foi o pasado mes de abril, e agora en maio celebramos o día das Letras Galegas, o 17 de maio, que este ano estará adicado a Carlos Casares”.

 

Por outra parte, o rexedor subliña que “a palabra da xente de Lemos é patrimonio noso e merecen moitas homenaxes. Con esta exposición, de xeito modesto e con agarimo, rendemos unha pequena homenaxe a todos estes autores”.

 

A mostra está organizada en paneis que ofrecen información biográfica e bibliográfica dos 26 autores. En concreto, son 26 pequenas olladas ás Letras de Lemos do A ó Z,  posto que os apelidos destes escritores, escritoras e colectivos representan case todas as letras do abecedario.

 

Por outra parte, os paneis ofrecen unha escolma dalgún dos seus textos, pero non só de escritores senón tamén colectivos vinculados a Monforte e ás Terras de Lemos, que inclúen ademais de Monforte os concellos de Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober.

 

Autores presentes na exposición

 

Os autores e colectivos seleccionados para estas 26 pequenas olladas ás Letras de Lemos en 2017 son:

 

Xurxo Ayán, Manuel Banet Fontenla, Sara Cao, Lois Diéguez, Os Estraloxos, Enrique Fernández Llano, Alicia Fernández Rodríguez, Xosé Lois García, Manuel Hermida Balado, Xosé Ibáñez Fernández, Antón Lopo, Manuel María, Olga Novo, Bacharel Olea, Antón Patiño Regueira, Lois Pereiro, Xabier Quiroga, Sabela Rodríguez Ojea, Margarita Rodríguez Otero, Manuela Sáez González, Ramón Sandoval Pérez, O Trícole e O Colado do Vento, Germán Vázquez, Pero de Veer, Manuel Veiga Taboada e Manuel Yáñez González.

 

Visitas guiadas

 

Cómpre destacar que existe a posibilidade de realizar visitas comentadas á exposición. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello a través do teléfono 982 40 25 01.


  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting