O Concello mellora o firme dun dos camiños do barrio de Outeiro, na parroquia da Vide
30/06/2017 - Avisos Municipais
A brigada municipal de obras do Concello mellorou o firme dun dos camiños da parroquia da Vide, concretamente, no barrio de Outeiro. O material empregado para a realización desta obra foi formigón. O Alcalde, José Tomé, supervisou o resultado dos traballos acompañado do concelleiro de Servizos e Medio Rural, José Luis Losada, e do pedáneo, Francisco Rodríguez.
O mandatario localsinala que “esta actuación que acabamos de realizar forma parte do plan de mellora de camiños rurais posto en marcha por este goberno. Neste caso, tratase dun camiño en pendente. Este arranxo suporá unha mellora importante para que os veciños que residen no barrio de Outeiro poidan acceder ás súas vivendas en mellores condicións”.
Por outra parte, cómpre sinalar que o Concello realizou tamén a limpeza das cunetas nesta pista.