Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Xullo - 2017  |  18:32:17
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello instalará un novo pozo de bombeo en Aceña Nova para suprimir un punto de vertido ó río Cabe

03/07/2017 - Benestar Social

O Alcalde explica o proxecto sobre os planos

O Concello de Monforte acometerá unha nova obra para seguir avanzando co seu Plan de Redución de Vertidos, desta volta, vaise eliminar un punto de vertido ó río Cabe. O Alcalde anunciou que a administración municipal vai instalar un novo pozo de bombeo que impulse as augas residuais ata o colector xeral na zona de Carude, unha actuación que permitirá suprimir unha fosa séptica entre Aceña Nova e o río Cabe.

 

 “Na zona traseira de Aceña Nova hai unha fosa séptica totalmente obsoleta e que verte directamente ó Cabe, polo que consideramos que debemos acometer esta mellora para solucionar un episodio de contaminación que vén dende hai moitos anos”. O mandatario local engadiu que “a nosa preocupación por esta esta situación increméntase debido a que nesta zona aumentou a poboación, ocupáronse novas vivendas o que sen dúbida, agravaría o problema se non lle poñemos remedio”.

 

A obra consistirá na instalación dun pozo de bombeo prefabricado e terá capacidade suficiente para bombear as augas residuais de toda a rúa Aceña Nova, chegarán ata un pozo de rexistro situado na rede de saneamento xeral municipal, que se atopa na intersección entre Aceña Nova, o Paseo de Lugo e a rúa Carude.

 

Por outra parte, o Alcalde explicou que dentro deste proxecto se inclúen as actuacións auxiliares necesarias para realizar instalación eléctrica, a obra civil asociada á colocación do pozo e tamén a correspondente tubaxe de bombeo.

 

Elementos proxectados na obra

 

•   Pozo de rexistro, que terá un metro de diámetro e 1’75 metros de profundidade para intercalar a canalización existente, que neste caso será de 250 milímetros de diámetro. Dende este pozo de rexistro vaise derivar ó pozo de bombeo para bombear dende ahí ata a rede de saneamento xeral. A tapa será articulada e de fundición, con peche estanco para evitar malos cheiros.

 

•   Pozo de bombeo. Terá unha capacidade de 11.000 litros, que cumpre as normas para depósitos soterrados, de plástico reforzado con fibra de vidro, o que lle confire unha total estabilidade ante a corrosión.

 

•   Pozo de rexistro 2. Este pozo tamén terá un metro de diámetro e 1’75 de profundidade, para colocar a caixa de válvulas de saída do pozo e dende onde sae a tubaxe ata a rede de saneamento xeral. A tapa tamén será de fundición articulada.

 

•   Tubaxe de bombeo. A tubaxe que transportará as augas residuais dende o punto de bombeo ata a rede xeral no entronque na rúa Carude será de PVC cun diámetro de 250 milímetros, que tecnicamente se estima que dará resposta sobrada ás necesidades da zona.

 

O orzamento destinado a este proxecto, que conta co permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ascende a 66.617’68 euros. As obras licitaranse conxuntamente cos traballos de saneamento da contorna da rúa San Pedro, que afecta a Valle Inclán e a Calvo Sotelo. A previsión é que no mes de setembro quede resolta a adxudicación deste contrato.

 

O Alcalde subliño que “para este equipo de Goberno a mellora da imaxe do río Cabe e a mellora do saneamento é unha prioridade”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting