Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  9:46:51
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello mellora a iluminación na rúa Armando Cotarelo

27/07/2017 - Benestar Social

O Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. Desta volta, as melloras vanse acometer na rúa Armando Cotarelo; onde o actual alumeado de vapor de sodio da farola que está na saída á rúa Hortas se vai substituír por outro novo de haloxenuro metálico e que, neste caso, emite unha luz branca que xera unha mellor visión.

 

Por outra parte, instalarase unha nova farola tipo villa na fachada das vivendas do antigo Hotel Comercio, trátase dun punto de luz que se volve a instalar logo de que fora retirado con motivo das obras feitas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na rehabilitación do edificio hai máis de oito anos. Neste caso, tamén se tratará dunha luz de haloxenuro metálico.

 

O primeiro paso para conseguir esta mellora vai ser a retirada do cableado no lateral do antigo Hotel Comercio. Con esta actuación, o goberno municipal avanza de xeito significativo na mellora da iluminación dentro do casco histórico da cidade, tal e como se fixo neses arredores: Praza Doutor Goyanes e rúa Abelardo Baanante; así como na Praza de España e en diferentes rúas da zona, Doutor Casares, Doutor Teixeiro, Bailén, Julio Camba e Inés de Castro.

 

Máis rendemento lumínico

 

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “con estes traballos o que imos conseguir é aumentar o rendemento lumínico da instalación pero sen que haxa un incremento no consumo. Tal e como vimos demostrando con diferentes actuacións como na rúa Ferrocarril, no Paseo do Malecón, en Aceña Nova, na rúa do Cardeal, en Abeledos, ou no parque infantil da Compañía; unha das prioridades deste goberno municipal está sendo de recuperar e mellorar a iluminación de Monforte”.

 

Estas tarefas de actualización do alumeado público súmanse ós traballos que se xa se levaron a cabo en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. “Temos a vontade de seguir facendo actuacións deste tipo noutras rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público, co obxectivo de que Monforte sexa unha cidade máis luminosa”, explicou o Alcalde, José Tomé Roca.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting