Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Outubro - 2017  |  20:54:03
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello mellora a totalidade do firme na rúa Cobas

03/08/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde anunciou hoxe a nova obra que se vai facer na rúa Cobas, tralo asfaltado que xa se realizou nesta vía a comezos de ano.

 

“Desta volta o que se vai facer é renovar o firme dende a rúa Tomás Vázquez ata a entrada da parroquia de Piñeira, é dicir, con esta actuación imos conseguir a renovación completa da rúa Cobas, incluída a praza”, explica o Alcalde, José Tomé. O mandatario local engadiu que, “actualmente esta rúa está en moi mal estado, ten fochancas  e varios desniveis”.

 

A obra vaise facer nunha lonxitude de preto de 900 metros e nunha anchura media de 6,20 metros.

 

Cómpre destacar que nos primeiros 600 metros vaise realizar a ampliación da calzada a seis metros.

 

Esta obra, que previsiblemente comezará a finais de setembro ou comezos de outubro, suporá un investimento de preto de 60.000 euros. Con todo, o Alcalde matizou que “esta cantidade, sumado ó que custou o tramo que xa arranxamos en Cobas, suporá un investimento total de 100.000 euros”. O prazo de execución das obras será de 3 semanas.

 

O rexedor subliña que “cando rematen as obras cambiará o aspecto e o conxunto de barrio de Cobas, de ser vía rural pasará a ter características urbanas”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting