Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Outubro - 2017  |  20:54:10
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello instala un cruceiro na parroquia de Gullade

04/08/2017 - Novas de Monforte

O Concello de Monforte acaba de instalar na praza de Gullade, no barrio de Eirexe,  un cruceiro que solicitaran os veciños.

 

Será un elemento que se empregará para que a procesión realice o xiro durante a celebración das festas da parroquia.

 

O novo cruceiro instalouse no lugar que ocupaba un antigo bebedeiro de gando e que actualmente estaba en desuso, posto que a lexislación impide este sistema para evitar contaxio de enfermedades entre os animais.

 

Esta actuación foi solicitada polos veciños durante unha reunión co Alcalde a comezos da primavera. Naquel encontro, o mandatario local transmitiulles a súa vontade de levar adiante esta petición. A obra foi realizada por unha empresa de Monforte.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting