Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  9:46:22
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O DOGA publica o anuncio de aprobación inicial do Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte

06/08/2017 - Novas de Monforte

O Diario Oficial de Galicia publicou o xoves, 3 de agosto, o anuncio de aprobación inicial do Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte. Desde xeito, comeza o prazo de exposición pública que terá unha duración de dous meses. Durante este tempo, as persoas interesadas poderán consultar o documento e facer as alegacións que consideren oportuno.

 

O documento pode consultarse e descargarse a través da páxina web do Concello de Monforte, ou ben, é posible achegarse ás dependencias municipais onde haberá un exemplar completo exposto ó público que solicite o acceso ó Plan. Para iso, haberá un espazo habilitado no consistorio que, previsiblemente, será a sala de xuntas, ubicada na primeira no primeiro andar.

 

Notificacións ós propietarios

 

A partir deste momento, tamén se levará a cabo a notificación individualizada ós propietarios de terreos que estean dentro da delimitación do casco histórico e que lles afecte o Plan Especial. Os funcionarios municipais, pertencentes ó corpo de Axentes da Cidadanía, serán os encargados de realizar estes avisos.

 

Para facilitar o trámite das posibles alegacións que decidan presentar os cidadáns, o Concello solicitoulle ó equipo redactor a elaboración dun modelo de alegación gratuíta que se poderá descarar da páxina web do Concello, ou ben, solicitala nas dependencias municipais para evitar que teña custes para as persoas interesadas en presentar algunha proposta ou suxerencia de modificación no Plan Especial.

 

Apoio técnico por parte do Concello

 

A partir do mes de setembro, haberá un apoio técnico financiado polo Concello para asesorar ós cidadáns que teñan dificultades en comprender o contido do Plan Especial, e poder así tomar a decisión de presentar ou non algunha alegación.

 

 

Os técnicos pertencerán ó equipo que redactou o documento de aprobación inicial por seren os mellores coñecedores do traballo de campo. Inicialmente o apoio consistirá na presencia física dun técnico un día á semana nas dependencias municipais para asesorar ós veciños que o precisen. E en función da demanda que houbese, este servizo de asesoramento podería incrementarse en máis días á semana.

 

Previsiblemente, haberá unha ampliación de prazo para facer alegacións, cando se publiquen no Boletín Oficial do Estado (BOE) as persoas que non puideron ser notificadas no seu domicilio, habilitarase con carácter xeral un novo periodo de dous meses para os notificados e a cidadanía en xeral. Polo tanto, na práctica o período que os monfortinos interesados van ter para presentar as súas alegacións vai ser superior a dous meses.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting