Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Outubro - 2017  |  20:54:14
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde lamenta que a Xunta pretenda eliminar a área sanitaria de Monforte

07/08/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde de Monforte referiuse ó anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei de Sanidade pública de Galicia, unha iniciativa da Xunta que, segundo o mandatario local, suporá o desmantelamento da actual estrutura sanitaria e que lle restará competencias ó Hospital comarcal. José Tomé lamentou que “o goberno galego pretende achicar a sanidade pública para beneficiar o negocio privado a conta da saúde de todos; este anteproxecto presentouse no mes de agosto, está feito con premeditación posto que moita xente está de vacacións e, deste xeito, queren conseguir que pase o máis desapercibido posible”. O rexedor engade que “este anteproxecto rompe o compromiso do presidente da Xunta cando dixo que se manterían as áreas sanitarias”.

 

Por outra parte, José Tomé engade que “esta reforma pode conlevar a redución de servizos e mesmo impoñer a derivación de persoal cara ós hospitais das cidades, deixando sen profesionais ós hospitais máis pequenos”.

 

O Alcalde defende o Hospital de Monforte

 

A reforma da Xunta pretende restar competencias e autonomía ó Hospital comarcal. O Alcalde asegurou que non vai renunciar a que a cidade do Cabe teña unha área sanitaria propia: “o sur da provincia de Lugo necesita manter unha área sanitaria con capacidade para xestionar os seus recursos, posto que presta servizo ó redor de 50.000 persoas e abarca un amplo territorio”.

 

José Tomé engade que “eu espero que non haxa unha redución de servizos, porque se fose así, o Concello xogará un papel moi activo na defensa dos servizos sanitarios do noso hospital, non dubidarei en poñerme á fronte desa defensa”. De levarse adiante esa reforma, o rexedor engade que os usuarios do Hospital veríanse obrigados a viaxar a Lugo con moita máis frecuencia.

 

O Alcalde convocará ós voceiros dos grupos a unha reunión o vindeiro 18 de agosto ás 17 horas. O encontro servirá para analizar conxuntamente a situación e poder consensuar unha proposta conxunta para que sexa aprobada polo pleno e, posteriormente, remitida á Consellería de Sanidade.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting