Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Outubro - 2017  |  4:07:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde e a conselleira de Medio Rural acordan asinar un convenio para realizar melloras no rural

03/10/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde mantivo esta mañá unha reunión coa Conselleira de Medio Rural en Santiago, trátase dunha xuntanza que o mandatario local solicitara hai xa tempo. José Tomé asegura que “o encontro na sede da Consellería desenvolveuse nun ambiente moi cordial e cualifícoa de positiva. Durou ó redor de 45 minutos”.

 

Durante o encontro ámbolos dous analizaron a situación do agro en xeral, e particularmente, falaron do Concello de Monforte: “o que fixen foi trasladarlle á Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, cales son as prioridades que neste momento ten o noso Concello en varias materias, como por exemplo, as comunicacións rurais ou outros servizos que poden ser atendidos dende a Consellería do Medio Rural”, sinalou o rexedor.

 

José Tomé apuntou que o Concello vai proceder a redactar unha memoria para presentarlle á Consellería de Medio Rural: “faremos isto co obxectivo de asinar un convenio entre as dúas administracións, que estará vinculado coas infraestruturas rurais. Unha vez acordado e feita toda a tramitación administrativa, asinaremos o convenio para poder levalo a cabo”.

 

O Alcalde explicou que na memoria valorada vanse contemplar actuacións pendentes na zona dos viñedos pertencentes ó concello de Monforte, e que se viron afectados pola tormenta de sarabia do mes de agosto do pasado ano. Un fenómeno meteorolóxico que afectou á parroquia de Marcelle, na zona do mirador do Duque e de San Pedro de Baños. A memoria tamén incluirá outras actuacións que o Concello considere de interese. José Tomé apunta que “o que pretende coa memoria é consolidar eses viais dun xeito máis estable para evitar que futuras tormentas poidan destruír outra vez os camiños que prestan servizo os viticultores”.

 

A realización das obras nos viais que se contemplen na memoria do Concello, debido ós prazos de tramitación, levaríase a cabo na primavera do vindeiro ano.

 

Así mesmo, tamén se acordou que o ano que vén o Concello poida dispoñer de máis medios para realizar desbroces nos camiños rurais.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting