Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Decembro - 2017  |  1:39:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Cinco obras teatrais vanse representar en Monforte dende o 19 de outubro e ata finais deste ano

13/10/2017 - Novas de Monforte

O teatro volve ser o protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura para o derradeiro trimestre deste ano. Dende outubro e ata decembro imos ter a oportunidade de asistir a cinco representacións de compañías profesionais na cidade do Cabe.

 

A primeira das obras chegará a Monforte o xoves, 19 de outubro. Leva por título Normas para saber vivir na sociedade moderna, e é de de Sarabela Teatro. O xoves da semana seguinte, o día 26, será a quenda para a artista Carmen Penim, que chegará co seu espectáculo Herdeiras. Cómpre sinalar que esta actuación é unha das actividades que se enmarca na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural.

 

Para o mes de novembro está previsto que haxa outras dúas obras de teatro. A primeira delas será Manar. A derradeira caravana, de Teatro Proscrito, e que se vai representar o 9 de novembro. A finais de mes chegará a compañía Teatro do Atlántico coa peza Helena: xuízo a unha lurpia, será o día 23 de novembro.

 

A última cita do ano será o 28 de decembro. Ese día vaise representar Sintonía máxica, de Javier Muro.

 

Tódalas actuacións serán no Edificio Multiusos e comezarán ás 20:15 horas. A entrada ós espectáculos custará 5 euros pero cómpre destacar que as persoas desempregadas, os estudantes e os nenos só pagarán 3 euros.

 

Oferta variada

 

A concelleira de Cultura, Marina Doutón, destaca que “en 2016 recuperamos unha variada programación de espectáculos teatrais e agora volvemos a asinar o convenio de adhesión á Rede Galega de Teatros e Auditorios coa Axencia Galega das Industriais Culturais (AGADIC)”.

 

Por outra parte, a concelleira de Cultura sinala que “este cofinanciamento entre o Concello de Monforte e a administración autonómica serve para poñer en valor a produción escénica galega. Queremos que ó longo de todo o ano os veciños e as veciñas da nosa cidade teñan ocasión de asistir a unha variada programación teatral”.


  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting