Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Decembro - 2017  |  1:20:17
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte súmase a un proxecto da Rede de Xuderías para aumentar o número de turistas

24/11/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde acompañado da Tenente de Alcalde e do técnico municipal de Cultura

O Concello de Monforte súmase á proposta da Rede de Xuderías de España  Descubridores de Sefarad, e coa que pretende aumentar o número de turistas na cidade. O Alcalde explicou que “é un programa no que todo o protagonismo se lle da ó viaxeiro e, polo tanto, imos distinguir como Descubridores de Sefarad a todos aqueles que se interesen por coñecer  a nosa historia e cultura”.

 

José Tomé Roca engadiu que “a partir de agora, calquera viaxeiro que se achegue a Monforte vai poder solicitar na Oficina de Turismo o seu Pasaporte de Descubridor, que se lle selará en cada visita a unha das cidades da Rede. En concreto, imos dispoñer inicialmente de 500 pasaportes en castelán, e doutros 250 en inglés. No caso de esgotárense, repoñeríamos máis”.

 

Unha vez que o turista acumule un determinado número de selos, poderá recibir varios obsequios: un diario de viaxe (que se consegue con 5 selos), un diploma de descubridor e unha insignia de Sefarad (con 10 selos), algo similar á Compostela do Camiño de Santiago.

 

Os premios recóllense nos mesmos lugares nos que se entregan os pasaportes e poñen os selos, é dicir, na Oficina de Turismo.

 

Monforte, parte dunha marca turística

 

O Alcalde fixo fincapé en que “isto vai permitir non só o coñecemento de Monforte, senón que ademais, a nosa cidade vai servir de plataforma para coñecer as outras 18 que integran o grupo da Rede de Xuderías: Ávila, Barcelona, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lucena, Oviedo, Palma, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Tarazona, Toledo e Tudela”.

 

José Tomé Roca engadiu que “seremos unha marca turística diferenciadora, á semellanza do que podería ser o Camiño de Santiago. É dicir, vainos permitir ser máis atractivos como oferta combinada para o mercado internacional. En especial, do continente americano e de Israel”.

 

Publicidade impagable

 

O mandatario local dixo que “como exemplo, formar parte desta iniciativa vai permitir que un estranxeiro que visite Córdoba, Barcelona ou Toledo, pois vai saber que hai unha cidade que se chama Monforte e que ten a opción de visitala para completar esta marca turística, para completar os selos do seu pasaporte e así conseguir premios”.

 

José Tomé Roca explica que “isto supón unha publicidade a nivel nacional e internacional impagable, porque nos sitúa no mesmo nivel de promoción e difusión que as grandes cidades citadas anteriormente, Córdoba, Barcelona ou Toledo, entre outras”.

 

Gala do Descubrimento

Ademais deste programa de fidelización ás cidades, haberá a Gala do Descubrimento. Será un acto lúdico no que se van entregar os Premios Sefarad a aquelas persoas, institucións ou proxectos que teñan contribuído a este proxecto.

 

A maiores, a esa gala vanse convidar a todos aqueles turistas que completen o seu pasaporte e que polo tanto, visiten todas as cidades que integran  Rede de Xuderías. Esta gala realizarase cada vez nunha cidade diferente.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting