Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Decembro - 2017  |  1:23:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello amplía o alumeado de Nadal a máis rúas da cidade

01/12/2017 - Novas de Monforte

As luces de Nadal chegarán este ano a tódolos barrios da cidade e haberá un aumento do número de arcos respecto do ano anterior. En concreto, un total de 53 rúas contarán con iluminación, son dúas máis que o pasado ano.

 

Por outra parte, hai dúas zonas de Monforte que contarán por vez primeira con luces de Nadal. É o caso da rúa do Malvarón e a Pinguela. O acendido oficial será este vindeiro martes, 5 de decembro, e permanecerá ata o 7 de xaneiro. Estarán adornadas tamén as prazas de Carude, dos Chaos, da Estación e do Campo de San Antonio; así como o edificio do Concello e a Torre da Homenaxe. Cómpre destacar que unha árbore de Nadal decorará a Praza de España. Ademais, haberá un letreiro de Bo Nadal en cada unha das sete entradas á cidade.

 

O Alcalde destaca que “dende o Equipo de Goberno mantemos o compromiso de que o alumeado navideño estea presente en todos os barrios de Monforte. Consideramos que se trata dun investimento útil para o comercio así como para o conxunto da economía, posto que nos beneficia a todos”. José Tomé apunta tamén que “en definitiva, o noso obxectivo é fomentar que as compras destas datas tan especiais, se realicen na nosa cidade”.

 

O mandatario local explica que “as rúas máis comerciais terán un maior número de arcos, porque é nas que de seguro haberá unha maior presenza de xente para realizar as súas compras de Nadal”.

 

As arcas municipais destinan un orzamento de 17.000 euros ás luces de Nadal. É a mesma cantidade que se investiu o pasado ano, pero desta volta haberá sete arcos máis. A empresa monfortina Iluminaciones Fernández é a encargada da colocación destas luces.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting