Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
15 - Decembro - 2017  |  1:21:35
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Aberto o prazo para que os emprendedores se inscriban na terceira edición do Coworking de Expolemos

05/12/2017 - Novas de Monforte

Conta atrás para a posta en marcha da terceira edición do espazo Coworking de Monforte de Lemos, que estará ubicado nas instalacións de Expolemos e que comezará o vindeiro mes de febreiro.

 

As persoas interesadas en poñer en marcha algunha nova idea de emprendemento na comarca poden realizar xa a súa inscrición para recibir asesoramento a través do seguinte enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/monforte-de-lemos-3a-edicion. Poderán participar persoas de tódalas idades que teñan en mente un proxecto de calquera sector, xa sexa turístico ou agrícola, entre outros.

 

No espazo Coworking de Monforte de Lemos os participantes recibirán, sen ningún tipo de custe para eles, asesoramento e un apoio integral para poder poñer en marcha as súas empresas. Os emprendedores atoparán un espazo de traballo en Expolemos con aulas e salas de reunións nas que recibirán formación e disporán dun mentor que os axudará a validar e lanzar o seu proxecto. Ademais poderán participar en diferentes obradoiros e eventos e estarán en contacto con especialistas en comunicación, finanzas e vendas, entre outras disciplinas.

 

O Alcalde, José Tomé Roca, lanza unha mensaxe para animar á xente a presentar as súas propostas: “a aceleradora de empresas vai ser unha moi boa oportunidade para impulsar novos proxectos na nosa comarca. Nun momento como o actual, precisamos máis que nunca ideas que permitan xerar novos postos de traballo”.

 

O espazo Coworking ofrecerá asesoramento durante 6 meses, aproximadamente. O programa está concibido para emprendedores que aínda non constituísen a súa empresa, pero ademais, poderán participar as persoas que estean nunha fase inicial de desenvolvemento do seu proxecto.

 

As persoas interesadas en recibir máis información ou que desexen inscribirse poden facelo na oficina da axente de desenvolvemento local do concello de Monforte, nas Casitas da Compañía.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting