Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Xaneiro - 2018  |  14:00:17
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

As Súas Maxestades de Oriente, fieis á cita con Monforte

07/01/2018 - Novas de Monforte

Os Reis Magos chegaron a Monforte, como cada ano, á estación de tren.

 

Logo percorreron as rúas da cidade e trasladáronse ata a Casa do Concello, onde leron o seu discurso, repartiron caramelos e recibiron a todos os nenos que quixeron saudalos.

 

DISCURSO REIS MAGOS 2018

 

Boas tardes, nenas e nenos, pais e nais, avoas e avós, amigas e amigos:

 

Un ano máis queremos dar as grazas ao voso Alcalde por abrirnos a casa de todos, a Casa do Concello, e permitirnos descansar e poder saudarvos dende este magnífico balcón e despois poder recibirvos a todos e todas dentro desta casa que coma sempre se nos brinda con tanto agarimo.

 

Como sabedes, nós, os Magos de Oriente, saímos tódolos anos de viaxe polo mundo para traer xoguetes e outros agasallos a quen os merece, e incluso a quen non os merece tanto, pero que ten o propósito de portarse mellor no futuro.

 

Recibimos moitas cartas. Lémolas todas, unha por unha  e démonos conta como as veces vos tembla  a man ao escribir de tanta emoción ao pedir os vosos agasallos, e tamén nos emociona moito  cando nos pedides cousas moi importantes para a humanidade, coma que non haxa pelexas no mundo nin  fame que haxa traballo para todos e todas  e que se acabe a violencia que a tantas mulleres mata cada ano, algún de vos é consciente que hai nenos e nenas que por eso quedan sen a súa nai e sentimos que vos dá  moita mágoa, queremos que saibades que a nosa maxia pode ser moi importante, pero  necesitamos que todos e todas  poñades  tamén da vosa  parte para conseguir un mundo mellor.

 

Gústanos moito este traballo e creemos que o facemos bastante ben, polo menos temos moita experiencia: levamos mais de dous mil anos  nel, repartindo ilusión e facendo realidade os vosos soños nesta noite tan especial,  tanto para vós coma para nós.

 

Para nós é unha noite longa de moito traballo coma podedes comprender pero tamén de moita ledicia ao sentir a vosa alegría e ilusión.

 

Queríamos pedirvos que esta noite sexades moi obedientes e fagades caso aos vosos país para ir durmir cedo e así facilitar a nosa labor e poder deixar en cada fogar o que nos pedístedes sen temor a trabucarnos, ah e se é posible deixarnos algo para tomar un tentepé e poder coller forza para realizar o noso traballo con éxito.

 

E agora xa chega a hora de deixar este balcón non sen antes dicirvos que  sexades  bos cos vosos pais,nais, irmáns, avós, avoas e con toda a vosa familia.

Sede xenerosos cos vosos amigos e con todos os que vos arrodean, e por favor, non deixedes de traballar e estudar moito no colexio.


Gaspar, Baltasar e máis eu, o que máis desexamos, é que ese brillo de ledicia que estamos a ver nos vosos olliños, perdure durante todo o ano.

Querémosvos  moito. Ah e deixade os zapatiños de cada quen ben limpos xunto a árbore ou nalgún sitio visible para poder deixar os agasallos de cada quen no seu lugar.

Biquiños e saúde para todos e todas.

 

Ata o ano que vén !!

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting