Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
18 - Xuño - 2018  |  19:40:13
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello realiza as obras de renovación da beirarrúa esquerda da rúa Pardo Bazán

09/01/2018 - Novas de Monforte

Estado da beirarrúa na que vai actuar o Concello

A Xunta de Goberno acorda informar por escrito á empresa Aqualia, de que o Concello de Monforte, a través da brigada municipal de obras, vai realizar unha actuación de renovación da beirarrúa da marxe esquerda da rúa Pardo Bazán.

 

A beirarrúa da marxe dereita foi renovada hai varios anos para substituír a tubaxe de auga potable, debido ás reiteradas roturas da mesma, unha situación que provocou as protestas dos veciños.

 

Isto produce unha situación rara de disfunción urbanística, coa beirarrúa da marxe dereita renovada, mentres que a marxe esquerda atópase no estado primitivo.

 

Por este motivo, o Concello considera que, aproveitando as obras de renovación da beirarrúa, Aqualia, como concesionaria da rede de abastecemento e de saneamento, debería proceder a renovar a tubaxe de auga potable, substituíndo o fibrocemento por outro material alimentario máis axeitado , co fin de evitar avarías como as que se produciron en pasados mandatos.

 

Da realización destas obras xa foron informados os responsables da empresa no pasado outono por parte do Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, para que ésta puidera ir preparando o acopio de material, o que se lle comunica ós efectos oportunos dentro dos labores de mantemento e conservación.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting