Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Febreiro - 2018  |  0:44:42
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

As rúas Zapardiel, Aceña Nova, Juan Montes e o lateral da explanada do cemiterio terán novos firmes nos vindeiros días

30/01/2018 - Novas de Monforte

O Alcalde, acompañado do concelleiro de Servizos, explica o proxecto

O Goberno local vai acometer novas obras de mellora en diferentes zonas da cidade. En concreto, realizaranse asfaltados nas rúas Zapardiel, Aceña Nova, Juan Montes e tamén no lateral da explanada do cemiterio. Por outra parte, os traballos inclúen a dotación de sinalización horizontal e vertical, algo que ata o de agora, non existía.

 

O Alcalde, José Tomé, explica que “en todos estes casos, vaise dotar dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, o que suporá unha mellora do pavimento”. Por outra parte, o mandatario local indica que “son un conxunto de actuacións moi relevantes porque van beneficiar a zonas da cidade moi diferentes, de distintos barrios e con rúas que, ata o de agora, estaban moi deterioradas”.

 

José Tomé apunta tamén que “no caso do lateral do cemiterio vai beneficiar a varias pequenas industrias deste vial, pero sobre todo, para nós é moi relevante que dúas zonas da cidade, tradicionalmente esquecidas, como son a rúa Zapardiel e Aceña Nova, son agora obxecto de atención por parte deste goberno municipal, que queremos que se integren plenamente no urbanismo da cidade”.

 

O investimento destas obras ascende a 91.080,74 euros. A empresa Taboada e Ramos é a que se vai encargar da realización dos traballos.

 

Zapardiel

 

É a obra máis custosa das contempladas neste proxecto. Realizarase o asfaltado dende a rúa Doctor Casares ata Calvo Sotelo. Por outra parte, hanse sinalizar os estacionamentos pola parte traseira do instituto.

Tamén se vai instalar unha varanda de seguridade no inicio da rúa Doctor Casares e a explanada que da acceso á ladeira de San Vicente.

 

Aceña Nova

 

Esta rúa vai recibir un tratamento integral en toda a súa superficie, dende a praza de Carude ata o Paseo de Lugo. O asfaltado vaise facer cando rematen as obras de renovación da tubaxe de abastecemento de auga que se está realizando.

 

Lateral da explanada do cemiterio

 

Trátase dunha das actuacións máis sinxelas dentro deste proxecto. Vaise proceder ó asfaltado e á sinalización.

 

Juan Montes

 

Realizarase unha labor de fresado para un bo entronque coas beirarrúas e tamén na súa unión coa rúa Ferrocarril. A esta rúa pretendemos darlle continuidade en futuros proxectos dende a vía do ferrocarril en dirección a Reigada.

 

José Tomé apuntou tamén que “coincidindo coa realización dos asfaltados deste proxecto que hoxe presentamos, imos dotar ás rúas Duquesa de Alba e da Estrela de novas capas de rodadura, uns traballos que están facendo tamén empresas do mesmo grupo”.

 

Calendario de asfaltados

 

Se as condicións do tempo o permiten, o desenvolvemento dos traballos será o seguinte:

 

·         MÉRCORES, 31 DE XANEIRO vaise asfaltar o lateral da explanada do cemiterio e a rúa Juan Montes, unha pola mañá e outra pola tarde.

·         XOVES, 1 DE FEBREIRO, realizarase a obra da rúa Zapardiel.

·         VENRES, 2 DE FEBREIRO, dotarase da capa de rodadura á rúa Duquesa de Alba.

·         LUNS, 5 DE FEBREIRO botaríase a capa de rodadura na rúa da Estrela.

 

No caso da rúa Aceña Nova, está previsto que os traballos se acometan cando rematen as actuacións da renovación da tubaxe de abastecemento de auga potable, así como a supresión do punto de vertido.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting