Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Febreiro - 2018  |  0:44:28
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello instala unha válvula de control, un estabilizador de caudal e un contador na rúa do Conde

02/02/2018 - Novas de Monforte

O Concello informa que, durante esta pasada madrugada, os operarios da empresa Aqualia instalaron de xeito satisfactorio unha válvula que vai permitir evitar cortar os depósitos de San Vicente cada vez que se rexistre unha avaría na tubaxe xeral que abastece ó depósito de Piñeira, ó polígono industrial e que da servizo á rúa Reboredo despois da vía do ferrocarril.

Esta actuación realizouse coincidindo co desenvolvemento das obras de urbanización na rúa do Conde, e vai permitir unha mellora moi significativa da rede xeral.

 

Os traballos comezaron á medianoite e remataron sobre as 6 da mañá.

 

A válvula de control o que vai facer é adaptarse ás necesidades de caudal da tubaxe pero sen danala, é dicir, modulará a presión en función das necesidades da tubaxe de forma automática. Tamén vai permitir controlar os consumos nocturnos e ver se hai algunha perda.

 

Os traballos incluíron, ademais da instalación desta válvula de control, a colocación dun estabilizador de caudal e dun contador. Trátase duns mecanismos que pretenden alongar a vida útil da tubaxe existente, así como controlar a tubaxe de abastecemento xeral e do depósito de Piñeira.

 

A obra que se realizou durante a madrugada ten unha grande importancia, posto que vai evitar, ou polo menos, diminuír, posibles roturas que puideran producirse na rede de abastecemento polos cambios de presión.

 

Por outra parte, hai que destacar que as tubaxes actuais estanse substituíndo en moitas das rúas de Monforte, aproveitando precisamente as diferentes obras postas en marcha polo goberno municipal.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting