Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Maio - 2018  |  11:08:34
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Carreira Popular de Monforte será o domingo, 29 de abril

09/02/2018 - Novas de Monforte

A Xunta de Goberno local aprobou o Regulamento da X Carreira Popular de Monforte, un evento que se celebrará o domingo, 29 de abril.Un ano máis, a carreira discorrerá polas rúas do centro de Monforte, incluído o casco histórico.

 

Estará composta por 5 carreiras en función das categorías, de xeito que haberá unha proba absoluta de 7.000 metros e outras catro probas menores de 80, dúas de 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán a saída e a meta na Explanada da Compañía.

 

Como novidade, nesta décima edición as carreiras das categorías menores, a excepción da categoría mini, que non é competitiva, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, do mesmo xeito que a carreira absoluta. O chip irá incorporado no dorsal de cada participante, un feito que facilitará moito a xestión dos resultados de cada unha das carreiras. A incorporación deste sistema de cronometraxe débese a que o número de inscritos nas carreiras menores foise incrementando ano tras ano, ata acadar a cifra máxima de participantes na edición de 2017, cando o número de inscritos nas carreiras de categorías menores superou ós da carreira absoluta.

 

Ademais, nesta edición aquelas persoas que o desexen, poderán conformar equipos  que, obrigatoriamente deberán ser mixtos (50% homes e 50% mulleres) e que  estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 (tres homes e tres mulleres).

 

Premios

 

Os premios que se establecen para os mellores atletas de cada categoría son os seguintes:

 

•   Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros clasificados de cada unha das categorías, excepto na mini, na que todos os que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.

 

 

 

•   Premios clasificación xeral: os tres primeiros clasificados da carreira absoluta, tanto en categoría masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico do seguinte xeito:

  1. 1º clasificado: 300 €
  2. 1ª clasificada: 300 €
  3. 2º clasificado: 200 €
  4. 2ª clasificada: 200 €
  5. 3º clasificado: 100 €
  6. 3ª clasificada: 100 €

 

•   Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os 3 primeiros clasificados locais (empadroados en Monforte).

•   Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados.

Como novidade no capítulo de premios, cómpre sinalar que se premiará con trofeo ó centro educativo con maior número de participantes que crucen a liña de meta nas distintas categorías.

Todos os participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ó finalizar a carreira, así como un agasallo conmemorativo do evento.

A inscrición é de balde en todas as categorías pódese realizar a través da plataforma on-line www.championchipnorte.com, tanto para a carreira absoluta como para as carreiras de categorías menores.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting