Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Maio - 2018  |  10:59:27
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte súmase á participación en programas europeos no marco da Rede de Cidades e Territorios Creativos

25/04/2018 - Cultura

O Alcalde, José Tomé, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, asistiron á terceira reunión da Rede de Cidades e Territorios Creativos de España, que desta volta se celebrou na localidade madrileña de Brunete. Durante a xuntanza aprobouse a participación da Rede en dous proxectos europeos para este ano: Europa Creativa e Interreg Mediterráneo.

 

O encontro tamén serviu para darlle luz verde á creación da Cátedra UNESCO España Creativa, que se presentará para a súa aprobación pola propia UNESCO en abril de 2019. A idea é crear un grupo de investigación nacional sobre a Economía Creativa e o Desenvolvemento Sostible Urbano, Innovación e Redes, Arquitectura, Urbanimso e Medio Ambiente, Xestión Cultural e Emprendemento Creativo, Economía Circular e Eficiencia Enerxética. As Universidades de Alcalá de Henares, Rey Juan Carlos, Las Palmas de Gran Canaria e Málaga xa amosaron a súa vontade de participar no proxecto.

 

Por outra parte, a Rede aprobou o Plan de Postgrado de España Creativa así como a creación dunha bolsa de becas para o mesmo.

 

Rede de Cidades e Territorios Creativos

 

A Rede de Cidades e Territorios Creativos de España constituíuse no 2016 en Monforte de Lemos. Actualmente, está integrada por 41 socios, entre eles, a Deputación Provincial de Lugo e as cidades de Madrid, San Sebastián, Málaga, Santander ou Valladolid.

 

Esta Rede xorde como un novo modelo de innovación e creatividade, o seu obxectivo é impulsar o reposicionamento das cidades, con base en estratexias colaborativas. Trátase dun caso único a nivel mundial, que ademais permite establecer un diálogo entre o mundo rural, as pequenas e medianas cidades coas grandes cidades e metrópoles.

 

Á súa vez, a Rede potencia a diversidade cultural do noso país como un mosaico de individualiades.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting