Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Marzo - 2017  |  10:49:36
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Tablon de Anuncios
PROCESOS VIXENTES


BUSCAR NO HISTÓRICO


  Buscar Novas...


Expedientes Vixentes nos Procesos de Selección » Funcionarios de Carreira

» PROCESO SELECTIVO FUNCIONARIO DE CARREIRA POR QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA DUN OFICIAL DE POLICIA LOCAL, ESCALA BÁSICA DA POLICIA LOCAL, GRUPO C1.

Fecha publicación: 23/02/2017   |   Nº de Expediente: 1/2017

Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ó Sr. Alcalde -Presidente  do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ó modelo que figura ó final destas bases (Anexo I).

 

A presentación das solicitude farase no  Rexistro de documentos  do Concello en horario de nove a dúas ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 de  procedemento Administrativo común, no prazo de vinte (20) días naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria no  Boletín Oficial do Estado.

 

A solicitude acompañarse inescusablemente de fotocopia do DNI en vigor, ou pasaporte do aspirante, dos documentos acreditativos dos méritos que se aleguen para a súa valoración na fase de concurso e xustificante de pago da taxa por dereitos de exame de acordo co establecido nestas bases.

 

            Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias. Publicarase no taboleiro de anuncios do Concello a lista de admitidos e excluídos, indicando a causa de exclusión, concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles a contar dende o seguinte a publicación, para que subsanen os posibles defectos ou omisións na documentación presentada. De non existir aspirantes excluídos, o Alcalde – Presidente poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. Igualmente  se publicará no taboleiro do Concello as datas, lugar e resultados das probas que se realicen, así como todos os anuncios derivados da convocatoria.

 

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderá poñerse en contacto co teléfono 982 416540. 

» PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA VACANTE DE XEFE DE SERVIZOS Á CIDADANÍA NO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting