Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Marzo - 2017  |  10:46:31
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Tablon de Anuncios
PROCESOS VIXENTES


BUSCAR NO HISTÓRICO


  Buscar Novas...


Expedientes Vixentes nos Procesos de Selección » Funcionarios Interinos

» PROCESO SELECTIVO PARA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, ENCADRADAS NO SUBGRUPO C2.

Fecha publicación: 30/03/2016   |   Nº de Expediente:

As persoas que  desexen tomar parte nas  probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.  A  instancia deberá  de conter,  polo menos, os  datos persoais do solicitante  coa   súa dirección, a denominación da praza, achegando fotocopia do DNI en vigor,así  como o currículum vitae e copia compulsada da documentación acreditativa dos  méritos alegados. Os méritos non xustificados na documentación que  se achega á instancia solicitando tomar parte no concurso-oposición non  serán tidos en conta.

Aqueles aspirantes que estén aqueixados por unha minusvalía poderán incluír solicitude de adaptación dos  lugares de celebración dos  exames.  Para  este caso  deberán de  aportar  certificación  oficial da minusvalía que lles   afecta, expedida polo  órgano competente da Administración  Estatal  ou  Autonómica.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do extracto da  convocatoria das  presentes  bases  no Boletín  Oficial da Provincia.

A  presentación  das  solicitudes poderá facerse  no  rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das  formas establecidas no art. 38.4  da Lei  30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administra- tivo Común. Os  aspirantes que non  presenten as  solicitudes directamente no  rexistro  xeral do  Concello deberán comunicalo  por  fax, ou outro medio no mesmo día da súa presentación.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting