Centro do Viño da Ribeira Sacra

Esta é unha terra dunha beleza natural incrible, onde o bosque e os pequenos pobos están cargados de mitos e lendas. A Ribeira Sacra produce viños tan orixinais como a súa paisaxe chea de segredos. O viño foi introducido polos romanos e desenvolto desde tempos medievais polos mosteiros. Os viños cultívanse en terrazas das que penduran as cepas sobre canóns case verticais derriba do río, conformando unha paisaxe realmente singular.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra é un espazo creado para o encontro de todas as actividades ó redor do viño desta terra. Adegueiros, expertos, artistas, catadores e afeccionados, teñen aquí a súa casa. Nacemos para xuntar esforzos, para conciliar intereses. As nosas portas están abertas para todos os que, coma nós, desexen o mellor futuro para os nosos viños.

A exposición

O espazo museístico pretende adentrar ao visitante nos elementos naturais propios da Ribeira Sacra: terra, auga, sol, néboas,…. para entender a importancia de cada un deles. Un dos sinais de identidade da Ribeira Sacra son as bancadas, a escaleira, os muros, os socalcos,… que estarán presentes en grande parte da exposición, amosándonos un extenso estudo do viño e da Ribeira Sacra cos máis modernos medios audiovisuais.

Realizaremos unha viaxe polo patrimonio artístico, histórico e natural da Ribeira Sacra: a arquitectura civil, a natureza, o románico e os mosteiros, as adegas, as festas, tradicións, artesanía e o seu vencellamento co Camiño de Santiago.

Esta innovadora exposición permanente, indaga sobre a cultura do viño. As lendas do tempo, as paisaxes, as terras da Ribeira Sacra, os nosos viños, cada vez máis aclamados internacionalmente. Nunha visita guiada, vostede poderá gozar das fotografías, vídeos, esculturas, pinturas, sons e luces, e descubrir a verdadeira historia do viño que forma parte da vida das xentes de aquí, conformando a súa personalidade, así como eles conforman a do viño.

 

Museo centro del vino

A tenda

É a parada perfecta para todas as necesidades ó redor do viño. Copas, sacacorchos, decantadores, portabotellas, libros e, por suposto, unha moi ampla selección de viño. Este é un magnifico lugar para atopar regalos para a familia ou amigos, para comprar o teu viño semanal ou para unha ocasión máis especial. Contamos con unha variada selección de viños da Ribeira Sacra, sendo esta a única viñoteca especializada nesta Denominación de Orixe; así coma de diversos productos da zona, coma licores, artesanía e un rincón de ecolóxicos.

Este non é un lugar só para mercar viño, senón tamén un lugar para aprender e descubrir máis sobre o mundo do viño. Temos libros para mercar pero tamén para consultar, así como revistas, folletos e, por suposto, persoal profesional para aconsellar e guialos nas súas compras. 

A tapería

Explore, comparta, goce do viño nun ambiente acolledor. Un lugar perfecto para acudir con amigos, clientes ou en familia. Con cociña elaborada con produtos galegos da máis alta calidade para disfrutar dos moitos viños da Ribeira Sacra que se ofrecen. O menú Tapería cambia por temporada permitindo os máis frescos produtos galegos a empregar..

Telefono de contacto 982 410 934

Tapería

O C.R.D.O.R.S.

O Consello Regulador da Ribeira Sacra ten tres cometidos esenciais: garantizar a orixe do produto, asegurar a calidade do mesmo e promocionar os viños producidos ao abeiro da D.O. Nos aspectos puramente produtivos, o persoal cualificado do Consello e unha comisión técnica independente, encárganse dos controis para que o produto final cumpra as normas previstas polo Consello relativas ao viño.

No ano 1993 aprobouse o regulamento Viños da Terra, pero o despegue definitivo e progresivo non se produce ata 1996, coa aprobación definitiva da Denominación de Orixe. O único camiño que lle queda hoxe a unha comunidade de produtores é a profesionalización da xestión, regra sagrada para competir con acerto nos mercados.