Horario para visitar o Museo de Arte Sacro

16/07/2018 O Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas atópase no convento de Santa Clara, fundado a mediados do século XVII por Catalina de la Cerda y Sandoval, esposa do VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. O museo é un dos máis importantes de Monforte.  A colección acolle esculturas, pinturas e relicarios, entre outras pezas, que os condes trouxeron da súa estancia en Nápoles, durante o seu virreinato, entre 1610 e 1616. Atopámonos ante a colección de arte sacro e italiano dos séculos XVI e XVII máis completa e valiosa de Galicia. 

Ás pezas italianas hai que engadir outras importantes obras adquiridas en España, destacando o Cristo Xacente en urna procesional e dúas Inmaculadas do taller de Gregorio Fernández, e entre outras obras, pezas de ornamento e indumentaria litúrxica.

Segundo a información que nos facilitan desde o Museo, o horario de visitas é o seguinte:

De luns a sábado: ás 11.00 h. e ás 17:30 h.

Domingos e festivos: ás 12.00 e ás 17:30 h.

A entrada custa 5 euros. No caso de optar por unha visita guiada, o prezo é de 6 euros.

Non perdades a oportunidade de achegarvos á historia e coñecer parte do importante legado que os VII Condes de Lemos deixaron á cidade.

Para coñecer máis dos museos da cidade, entra no espazo dedicado a museos desta web

Accede ao audiovisual Museos Concello de Monforte