XX Mostra de artesanía Artelemos

 

29/06/2018 A 20 edición de Artelemos celebrarase na rúa Cardenal do 4 ao 7 de agosto. Contarase con 23 casetas, unha estará adicada a celebrar obradoiros  e como punto de información da mostra, o resto é para exposición e venta de produtos artesanais, habendo representación de orfebrería, cestería, coiro, la, olería de Gundivós e cerámica, entre moitas outras propostas.

O horario dos stands será de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 h.

Aproveitar os recursos do territorio é un dos obxectivos do concello, neste caso coa promoción da artesanía e poñendo en valor o traballo feito a man. Un modo máis de ensalzar a cultura e tradición no territorio Ribeira Sacra.