Tempo de vendima na Ribeira Sacra

07/10/2018 O territorio da Ribeira Sacra vive, nesta época, o seu momento máis importante coa vendima. Os traballos de recollida sucéndense nas ribeiras do Sil, Miño e Cabe e cada ano atraen a máis viaxeiros e persoas interesadas en coñecer de primera man como se elaboran os nosos viños, os viños da viticultura heroica. 

Para iniciarse na viticultura da Ribeira Sacra o centro do viño da Ribeira Sacra é punto obrigado de visita. O centro, ubicado na rúa do Comercio da cidade do Cabe, inclúe tapería, tenda de viño coas marcas de referencia da D.O. e exposición. No mesmo edificio ten a súa sede o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Museo do viño da Ribeira Sacraespazo museístico propón unha viaxe ao visitante nos elementos naturais propios da Ribeira Sacra: terra, auga, sol, néboas, socalcos, arquitectura civil, natureza, románico, adegas, festas, tradicións, artesanía,...  Esta innovadora exposición permanente indaga sobre a cultura do viño e os nosos viños, cada vez máis aclamados internacionalmente. Nunha visita guiada pódese gozar das fotografías, vídeos, esculturas, pinturas, sons e luces da Ribeira Sacra e coñecer a verdadeira historia do viño que forma parte da vida das persoas de aquí, conformando a súa personalidade, como eles conforman a do viño. 

A antiga casa consistorial de Monforte é o edificio que acolle o centro do viño e a oficina de turismo de Monforte. As instalacións teñen horario de martes a domingo de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 20:00 h. 

Os horarios das visitas guiadas ao Centro de Interpretación Ribeira Sacra – centro do viño son: 11:30, 12:30, 17:00 e 18:30 horas. Tamén se poden concertar visitas de grupos noutros horarios chamando ao 982 105 303. Ao remate das visitas realízase unha cata de viños da Ribeira Sacra. O prezo da entrada para a exposición é de 2,50€. Para maiores de 65 anos, menores de idade e desempregados, 1,50€ e para grupos de máis de 10 persoas, 2€.

Toda a información sobre os espazos museísticos do concello de Monforte neste enlace.