Monforte celebra o Nadal

18/12/2019 Monforte vístese de Nadal para despedir o 2019 e dar a benvida ao 2020. A Torre da Homenaxe, as Prazas de España, de San Antonio, Carude, Os Chaos, a Estación e as principais rúas gozan da ambientación necesaria para levar o espírito do Nadal a toda a cidade. A maiores, a Praza de España conta coa grande Estrela que foi decorado escollido para as fotografías do Nadal de numerosos veciños e visitantes no pasado ano. Con todo, desde o Concello de Monforte búscase que a ambientación nas rúas axude a dinamizar o comercio local e que as compras destas datas fáganse na cidade.

Coa mesma finalidade celébrase esta fin de semana, do 21 e 22 de decembro, o Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019. Postos de artesanía, decoración, xogueterías, agasallos e complementos para o Nadal daranse cita na Praza de Abastos, en horario de 10:00 a 14:00 h e 17:00 a 20:30 h o sábado e o domingo 22, de 10:30 a 14:00 h.

Ademais o día 21 contarase cun “Showcooking de Nadal”- Taller de cociña creativa para nenos e nenas, en horario de 11.00 a 14.00 e ás 18:00 h terá lugar o Contacontos “ Filipa cos contos”. O día 22, o “ Showcooking de cociña de Nadal” estará destinado aos adultos, mantendo o horario de 11.00 a 14.00. En horario de 11:30 a 14:00 h terá lugar o Obradoiro “Nadal en igualdade", a cargo da ilustradora Laura Cortés. Crearanse postais 3D con personaxes do Nadal femininos como "A Apalpadora”.

Este xoves, 19 de decembro, o Edificio Multiusos acolle a partir das 18.00 a XXIª Mostra de Panxoliñas para centros de ensino. O venres, 20 de decembro, ás 20.00, tamén no Edificio Multiusos celébrase o Festival de Nadal do Conservatorio Municipal, na honra ao músico local, Luís Nieves.

O Sábado, 21 de decembro, ás 20.00, a maxestosa Igrexa Nosa Señora da Antiga-Colexio PP. Escolapios será o escenario do Concerto Corais de Nadal, contando coa participación da Coral RENFE de Monforte, a Coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo (Ourense) e a Coral Polifónica Concello de Monforte.

Os máis pequenos de casa son os que máis gozan, sen dúbida, nestas datas e para seguir enchéndoos de ilusión contarán con actividades como a representación de Duncan de Palleiro, da Compañía Lilá Teatro, o luns 23 de decembro, ás 18.00, no Edificio Multiusos.

O Apalpador, personaxe tradicional do Nadal, visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do martes, 24 de decembro.

O venres 27 de decembro, a compañía Lucecús Teatro representará unha comedia destinada ao público familiar: A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna. Será ás 18.00 no Edificio Multiusos.

O venres, 27 de decembro, ás 20:15 horas, na Casa da Cultura, a Familia Moriatov ofrecerá o tradicional concerto co que cada Nadal deleita á cidade de Monforte, a través da Sociedade Filarmónica de Monforte.

Para prepararnos para despedir o ano, o luns, 30 de decembro, celebrarase a Festa infantil de Noite Vella, na zona de mercados da Praza de Abastos, en horario de 11.00 a 13.00.

Tamén o luns 30 de decembro, a compañía Titiriterra representará teatro de monicreques para público infantil e familiar: Belarmina, a fabulosa belutina. Será ás 18.00 no Edificio Multiusos.

Xa no 2020 tres actividades protagonizarán a programación cultural de Nadal na cidade, o concerto de Xingros Big Band, o venres 3 de xaneiro, ás 20:00 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Os días 4, 5 e 6 de xaneiro os mercados da Praza de Abastos contarán con pistas de scalextric cos seguintes horarios: sábado de 11:00 a 13:30 e 15:30 a 20:30, domingo 5 e luns 6, de 11:00 a 14:00.

E a Cabalgata de Reis que se celebrará o domingo 5 de xaneiro. A esperada visita dos Reis Magos de Oriente comezará ás 17.00 coa chegada á estación de ferrocarril de Monforte. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas desde a Praza da Estación ata chegar ao Concello. Ás 19:30 As súas Maxestades lerán o seu discurso desde o balcón da Casa do Concello. Posteriormente, recibirán aos nenos e nenas na planta baixa do Concello.

Ademais destas propostas o Concello convocou o certame de poesía infantil e o concurso de beléns.

 

Programa Navidad