Monforte vístese de Nadal

15/12/2020 Monforte vístese de Nadal para despedir o 2020 e dar a benvida ao 2021. Os monumentos e principais espazos da cidade gozan de ambientación para levar o espírito do Nadal a toda a cidade. A estrela da Praza de España cambiouse, este ano, por un arco-paquete-agasallo que simboliza, en verbas do Alcalde, José Tomé, “unha nova esperanza e unha nova ilusión para o vindeiro ano 2021. Un ano que desexamos veña cheo de alegría e de oportunidades para todos, e que nos regale saúde, normalidade e progreso económico para todos e todas, deixando atrás o pesadelo da pandemia da Covid-19”. Desde o Concello de Monforte búscase que a ambientación nas rúas axude a dinamizar o comercio local e que as compras destas datas fáganse na cidade.

Tivéronse que cancelar moitas da actividades habituais na programación de Nadal para adaptarse aos protocolos de control da pandemia e deseñar unha programación adaptada ás circunstancias determinadas poas condicións sanitarias.

Programación

A sala de exposicións da Casa da Cultura conta ata o 16 de diciembre cun Belén Hebreo a cargo de J. Antonio Davila.

O xoves, 17 de decembro, ás 20.15h no Edificio Multiusos Teatro Baixo da Auga ofrecerá a obra Poeta en Nueva York. Despois desta cita co teatro para adultos da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a seguinte proposta teatral será con teatro afeccionado, dentro do Ciclo Argalladas, representarase o 19 de decembro, Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro.

El Apalpador personaxe tradicional do Nadal visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados da  Praza de Abastos durante a mañá do 24 de decembro. Os máis pequenos de casa son os que máis gozan, sen dúbida, nestas datas e para seguir enchéndoos de ilusión contarán con actividades como a representación Animales de compañía, da Compañía Teatro del Noroeste. A cita será o 28 de decembro ás 18.00h na casa da cultura. Xa o luns, 4 de xaneiro, ás 20.00h, Gabriel Prada ofrecerá o espectáculo teatral para público familiar, Quimera.

Os exteriores das vivendas e escaparates dos comercios mostran a súa decoración do Nadal participando no concurso de decoración que pon en marcha o Concello.