Sair de viños por Monforte

SAíR DE VIÑOS

 

Monforte é a capital da Ribeira Sacra, iso quere dicir que Monforte é viño e saír de viños un costume que gusta. Os viños da D.O. Ribeira Sacra pódense degustar en calquera bar e cafetería da cidade, ademais de ser referencias nos restaurantes. Os nosos viños teñen unha personalidade moi especial, resultado dunha uva afroitada e dunha paisaxe que acada trasladarte á copa. Saír de viños é quedar ás 13.30 c@s amig@s ou a familia e ir a eses bares que cada un ten como referencia para gozar dunhas tapas con sabor caseiro mentres saboreamos o Mencía ou o Godello. O saír de viños e tomar unhas tapas, que foron medrando en  calidade e variedade co paso dos anos, xerou unha nova actividade que se celebra con carácter anual e na que participa grande parte da poboación, o Cume Tapas. Durante unha quincena bares e restaurantes ofrecen unha tapa especial por un prezo moi accesible. Durante a celebración do Cume Tapas chéganse a servir ata 30.000 tapas en Monforte. Para adquirir calquera dos viños da D.O. é visita obrigada a viñoteca do Centro do Viño, na Rúa do Comercio.

   Audiovisual Centro do Viño

   Accede á web do Centro do Viño