Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Pleno Ordinario 1 de Agosto de 2012

ORDE DO DÍA: 1. Aprobación acta do Pleno de 29 de Xuño do 2012. 2. Dar conta decretos. 3. Propostas BNG sobre o papel de Monforte na rede transeuropea de transportes. 4. Proposta do BNG para a supresión do copago farmacéutico as persoas pensionistas. 5. Proposta grupo municipal Partido Popular en relacion suministro de augua potable en la parroquia de Gullade. 6.

01/08/2012 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
O Alcalde inaugura o novo espazo expositivo da Praza de Abastos e o Mercado de produtos con D.O. Lugo

O Alcalde, acompañado polas concelleiras de Promoción Económica e Cultura, visitou esta mañá o novo espazo expositivo da Praza de Abastos, lugar onde se desenvolve o Mercado de Produtos con D.O. Lugo.

 

13/08/2012 Noticias histórico
O Concello solicitará un obradoiro de emprego que poñerá en valor os restos castrexos do parque Zapardiel

A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, e o arquitecto Javier López Ramudo, presentaron o proxecto de obradoiro de emprego que solicitará o Concello á consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

 

14/08/2012 Noticias histórico
Este mércores abrirase a XV Feira do Libro de Monforte

A concelleira de Cultura, Pilar López, e Antonio Fernández Maira, representante da Federación de Libreiros de Galicia, presentaron a XV Feira do Libro de Monforte de Lemos que se desenvolverá do 22 ó 25 de agosto na zona peonil da rúa do Cardeal.

 

20/08/2012 Noticias histórico
Arranca a XV Feira do Libro de Monforte co pregón de Ruíz Aldereguía

A XV Feira do Libro de Monforte de Lemos inaugurouse onte, ás sete e media da tarde na rúa do Cardeal, co pregón de Francisco Ruíz Aldereguía.

 

23/08/2012 Noticias histórico
A asociación Gramola entregou o diñeiro recadado no festival benéfico

O presidente da asociación músico cultural Gramola, Enrique López López, fixo entrega a Cáritas e ós Servizos Sociais Municipais do diñeiro recadado no festival benéfico organizado pola citada asociación.

 

23/08/2012 Noticias histórico
A Festa da Xudería e o Mercado do Pan centran a oferta lúdica da fin de semana

A concelleira de Promoción Económica, María Xosé Vega, presentou a Festa da Xudería e o Mercado do Pan, Empanadas e Doces Tradicionais que se celebraran esta fin de semana no burgo medieval de Monforte e no espazo expositivo da Praza de Abastos.

 

28/08/2012 Noticias histórico
O orzamento municipal prioriza os servizos públicos e a promoción económica

O alcalde, Severino Rodríguez, e a concelleira de Facenda, Mª Xosé Vega, presentaron os orzamentos do Concello para o ano 2012, presupostos que entregaron con anterioridade ós grupos da oposición e que serán debatidos pola Corporación Municipal o venres día 7 de setembro.

 

31/08/2012 Noticias histórico