O domingo 31 de maio ás 18:00 h e no Edificio Multiusos, dentro das actividades deseñadas pola Delegación de Cultura nas Letras Galegas 2026, poñerase en escea a peza para público infantil e familiar As mil e unha, onde Vero Rilo e Luís Iglesias poñen a voz e a música para descubrir o universo de Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.
A fantasía ao servizo da transmisión do uso do galego con Circe, Morgana e Penélope como protagonistas nun espectáculo no que o público familiar viaxe polos mitos e o legado dunha autora imprescindible.
Actividade gratuita e organizada pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Monforte.