Programa Deportivo de Verán Concello de Monforte 2026

As actividades ofertadas dentro do PROGRAMA DEPORTIVO DE VERÁN 2026 son as seguintes:

  • CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN
  • XX CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE – R.C. CELTA DE VIGO
  • CURSOS DE TENIS
  • CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL

 

O prazo de preinscricións estará aberto entre o 11 e o 20 de maio.

 

CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN:

Esta actividade pretende aproveitar a recreación deportiva como ferramenta na ocupación do tempo libre e de lecer dos nenos e nenas.

O Campamento está distribuído en 3 quendas:

  • do 1 ao 15 de xullo
  • do 16 ao 31 de xullo
  • do 1 ao 14 de agosto

O horario de cada unha das quendas é de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.

Ofértanse un total de 120 prazas por quenda distribuídas do seguinte xeito:

  • Prazas en quenda ordinaria: 106
  • Prazas reservadas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 6
  • Prazas a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Monforte: 8

No transcurso de cada unha das xornadas de actividade as persoas participantes desfrutarán realizando actividades multideportivas, tanto a cuberto como ao aire libre, excursións e talleres diversos.

Nesta actividade poderán participar nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2013 e o 31.12.2021

Para todas as persoas que o precisen habilitarase un servizo de transporte tanto para a ida como para a volta da actividade.

O custe de cada unha das quendas do campamento é o seguinte:

  • Matrícula sen trasporte: 51,75 € por quincena.
  • Matrícula con transporte: 67,28 € por quincena

Ás familias numerosas terán un desconto do 50 %

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS:

  1. Cumprir coa idade establecida
  2. Estar empadroado/a no Concello de Monforte. No caso de que o neno/a non estea empadroado/a no Concello de Monforte poderá participar se o está algún dos seus proxenitores (pai ou nai) ou algún dos seus avós.
  3. No caso das prazas reservadas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, ter recoñecemento da situación de discapacidade.

Terán preferencia aquelas persoas cuxos proxenitores traballen os dous, e as familias monoparentais. Estas situacións deberán de acreditarse ao realizar a preinscrición, coa aportación da seguinte documentación:

  • No caso de que os dous proxenitores traballen, e así o fagan constar no formulario:
  • Libro de familia (de todas as follas cubertas)
  • Documentación que acredite que os dous proxenitores están traballando:
    • No caso de traballadores/as por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa que o acredite.
    • No caso de traballadores/as por conta propia: vida laboral ou último recibo do pago da cota á Seguridade Social.

 

  • No caso de familia monoparental e así o fagan constar no formulario: certificado acreditativo emitido polo organismo correspondente.

 

XX CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE:

O Concello de Monforte organiza a vixésima edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, que ten como obxectivo que nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo.

Esta actividade celebrarase entre o 27 e o 31 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.

Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2012 e o 31.12.2019

O número de prazas ofertadas na actividade é de 100.

O custe da actividade é de 26,91 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO CAMPUS DE FÚTBOL:

  1. Cumprir coa idade establecida
  2. Estar empadroado/a no Concello de Monforte. No caso de que o neno/a non estea empadroado/a no Concello de Monforte poderá participar se o está algún dos seus proxenitores (pai ou nai) ou algún dos seus avós.

 

CURSOS DE TENIS

Os cursos de tenis están distribuidos en 3 quendas:

  • do 1 ao 15 de xullo
  • do 16 ao 31 de xullo
  • do 1 ao 14 de agosto

Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2015 e o 31.12.2021

Establécense un máximo de 3 grupos de actividade por quenda. O número de prazas de cada un dos grupos será de 6 persoas.

O horario das clases en cada unha das quendas será os martes e xoves non festivos (clases de 1 hora de duración a partir das 10:00 h.)

O custe da actividade é de 20,70 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %

O lugar de celebración serán as Pistas Municipais de tenis da Pinguela.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO CURSOS DE TENIS:

  1. Cumprir coa idade establecida
  2. Estar empadroado/a no Concello de Monforte. No caso de que o neno/a non estea empadroado/a no Concello de Monforte poderá participar se o está algún dos seus proxenitores (pai ou nai) ou algún dos seus avós.

 

TIPO DE SOLICITUDE E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

  • As persoas interesadas en participar no “campamento de verán”, no “campus de fútbol” e/ou nos “cursos de tenis” deberán facer unha solicitude de preinscrición a través do Rexistro Xeral do Concello de Monforte (ben presencial ou electrónico) entre o 11 e o 20 de maio de 2026.

 

  • As solicitudes poderán presentarse de xeito individual ou múltiple.Poderán presentar unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica/s quenda/s.

 

As solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación de prazas e xerar as listas de agarda. No obstante, no momento das adxudicacións dende a lista de agarda, teranse en conta como solicitudes individuais.

 

  • No caso do campamento deportivo, as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán escoller entre presentar solicitude a través do procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para persoas con discapacidade, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

 

  • Publicación de lista de persoas preinscritas e estado da documentación presentada o día 25 de maio.

 

  • Período de emenda de solicitudes do 26 ao 29 de maio, a través do Rexistro Xeral do Concello de Monforte. No caso de que a documentación a emendar teña que ver cos criterios de preferencia aplicables, e de non presentarse, non se terán en conta á hora do reparto das prazas.

 

  • Sorteo de prazas, no caso e ser necesario, o día 3 de xuño. No sorteo estará presente un/unha funcionario/a municipal que dará fe do resultado do sorteo.

 

  • Publicación de lista de persoas admitidas e lista de agarda o día 5 de xuño.

 

  • Matrícula definitiva, en función das prazas concedidas, entre o 8 e o 19 de xuño. A matrícula definitiva poderá facerse de dous xeitos:

 

  • Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ao enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com
  • Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.

 

 

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Se o número de solicitudes non supera o número de prazas ofertadas, estas serán de adxudicación directa. En caso contrario, aplicaranse os criterios de preferencia, se os hai, e el última instancia e de ser necesario realizarase sorteo.

No caso de solicitude múltiple entenderase que se no sorteo de prazas algunha das persoas integrantes da solicitude obtén praza, tamén a obterán o resto.

 

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

  • PREINSCRICIÓN (entre o 11 e o 20 de maio de 2026):

 

  • Para todas as actividades:
  • Formulario de preinscrición establecido
  • No caso de solicitude múltiple: fotocopia do libro de familia onde consten todos os membros da unidade familiar.
  • No caso de nenos e nenas  con discapacidade igual ou superior ao 33%: certificado de discapacidade.
  • No caso de que o neno/a non estea empadroado no Concello de Monforte pero si que o estea algún dos seus proxenitores (pai ou nai), fotocopia do libro de familia onde consten todos os membros da unidade familiar.
  • No caso de que nin o neno/a nin os seus proxenitores estean empadroados no Concello de Monforte pero si que o estea algún dos seus avós, fotocopia do libro de familia dos pais e os avós.

 

  • Especificamente para o Campamento Deportivo (de ser o caso):
  • No caso de que os dous proxenitores traballen, e así o fagan constar no formulario:
  • Fotocopia libro de familia onde consten todos os membros da unidade familiar.
  • Documentación que acredite que os dous proxenitores están traballando:
  • No caso de traballadores/as por conta allea: vida laboral ou certificado de empresa que o acredite.
  • No caso de traballadores/as por conta propia: vida laboral ou último recibo do pago da cota á Seguridade Social.

 

  • No caso de familia monoparental e así o fagan constar no formulario: certificado acreditativo emitido polo organismo correspondente.

 

  • MATRÍCULA DEFINITIVA en función das prazas concedidas (entre o 8 e o 19 de xuño):

 

  • Formulario de matrícula definitivo en función das prazas concedidas.
  • No caso de nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33 %:cuestionario de saúde e autonomía persoal, co fin de planificar os apoios necesarios.

Esta documentación poderá presentarse de dous xeitos:

 

  • Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.

PAGO DA MATRÍCULA:

As persoas con praza, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, faráselles entrega, ben presencialmente ou a través do correo electrónico indicado pola persoa interesada, da carta de pago correspondente coa súa inscrición. O pago poderano facer en Abanca, presentando a carta de pago, ou a través da pasarela de pagos habilitada na páxina web www.monfortedelemos.es A data límite para realizar o pago será o 19 de xuño.

 

CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL:

Os cursos de natación de verán levaranse a cabo na Piscina Climatizada Municipal durante os meses de xullo e agosto. Estes cursos están dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas. Haberá cursos intensivos de 15 días de luns a venres (para infantil e nenos) e cursos mensuais de dous días a semana (bebés, adultos +16 e ximnasia acuática).

A oferta de cursos é a seguinte:

  • CURSOS INFANTIL E NENOS: cursos intensivos quicenais de luns a venres
  • 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
  • 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
  • 3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto
  • 4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto

 

HORARIO

PRAZAS/QUENDA

DÍAS

NENOS (iniciación e perfeccionamento)

10:45

15

DE LUNS A VENRES

NENOS (iniciación e perfeccionamento)

12:15

15

DE LUNS A VENRES

INFANTIL (iniciación e perfeccionamento)

11:30

15

DE LUNS A VENRES

INFANTIL (iniciación e perfeccionamento)

12:15

15

DE LUNS A VENRES

 

  • CURSOS DE BEBÉS, ADULTOS (+16 anos) E XIMNASIA ACUÁTICA: cursos mensuais dous días á semana

 

HORARIO

PRAZAS/QUENDA

DÍAS

BEBÉS

19:15

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

8:00

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

9:15

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

20:30

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

21:15

10

LUNS E MÉRCORES

XIMNASIA ACUÁTICA

10:00

10

LUNS E MÉRCORES

  • PRAZO DE INSCRICIÓNS:
  • Cursos quincenais (infantil e nenos):

-1º Quincena de xullo

  • Socios/as: a partir do 22 de xuño
  • Non socios/as: a partir do 25 de xuño

 

-2º Quincena de xullo

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 13 de xullo

 

-1º Quincena de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 2ª quincena de xullo: a partir do 27 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 29 de xullo

 

-2º Quincena de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de agosto
  • Non socios/as: a partir do 12 de agosto

 

  • Cursos mensuais (bebés, adultos/as (+16), ximnasia acuática e aerobike):

-Mes de xullo:

  • Socios/as: a partir do 22 de xuño
  • Non socios/as: a partir do 25 de xuño

-Mes de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos do mes de xullo: a partir do 27 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 29 de xullo

 

  • CATEGORÍAS DE IDADE:
  • Bebes: entre 6 meses e 2 anos
  • Infantil: entre 3 e 5 anos
  • Nenos: entre 6 e 15 anos
  • Adultos/as +16: a partir de 16 anos

 

  • PROBA DE NIVEL:

Para os cursos quincenais intensivos de infantil e nenos farase unha proba de nivel os seguintes días:

  • Infantil: oa días 15, 16, 19, 22, 23 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.
  • Nenos: os días 17, 18, 19, 25 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.

 

+ INFORMACIÓN e matrícula na Piscina Climatizada Municipal.

Tfno. 982 202 965 – Email: apinguela@ideasdebolina.com

 

ARQUIVOS DE DESCARGA:

 Instrucións para inscrición e asignación de prazas PDV 2026

 Oferta Cursos de Natación verán 2026

 Preinscrición discapacidade individual Campamento 2026

 Preinscrición discapacidade múltiple Campamento 2026

 Preinscrición individual Campus Fútbol 2026

 Preinscrición individual Tenis 2026

 Preinscrición múltiple Campus Fútbol 2026

 Preinscrición múltiple Tenis 2026

 Preinscrición xeral individual Campamento 2026

 Preinscrición xeral múltiple Campamento 2026