Escolas Deportivas Municipais Curso 22-23

A oferta deportiva para o curso 2022 – 2023 divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf
  • Pádel.
  • Kung Fu
  • Zumba infantil

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2022 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2023, completando así un total de 8 meses lectivos.

O custe por modalidade e alumno/a é de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 23 de setembro. Entre o 26 e 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
  • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:

•   Actividades para nenos e nenas:

  • Golf: 18 prazas
  • Pádel: 30 prazas
  • Kung Fu: 15 prazas
  • Zumba infantuil: 20 prazas

•   Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento: 80 prazas
  • Tai Chi: 40 prazas
  • Ioga: 60 prazas
  • Zumba: 20 prazas

 

CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades.

Os cursos de natación organízanse por trimestres e darán comezo a principios de outubro. Os cursos ofertados serán os seguintes:

  • Bebés: a partir de 6 meses (3 grupos)
  • Infantil: a partir de 3 anos (6 grupos)
  • Nenos/as: a partir de 6 anos (5 grupos)
  • Persoas adultas: a partir de 13 anos (6 grupos)

Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45 minutos cada unha.

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na piscina municipal poderano facer a partir das seguintes datas:

  • Socios/as da piscina: a partir do 19 de setembro
  • Non socios/as da piscina: a partir do 22 de setembro

Todas as persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas no piscina poderano facer acudindo ao propio centro ou a través do teléfono 982 402 646 ou do correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es.

 

Documentación para descargar:

Composición de grupos Escola Municipal de Pádel 22-23

Listado de persoas admitidas nas Escolas Deportivas 22-23

Formulario de Inscrición nas Escolas Deportivas 22-23

Normas, inscrición e desenvolvemento das Escolas Deportivas 22-23

Díptico Escolas Deportivas 22-23