Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello valorou as solicitudes de becas para libros e material escolar |
A concellería de Benestar Social, dirixida por Pilar López, informa que a partir do vindeiro luns día 2 de setembro comezarán a entregarse os vales para a adquisición de material escolar para o curso 2013/2014, a aquelas persoas cuxas solicitudes foron aprobadas.
|
30/08/2013 | Noticias histórico |
A Concelleira de Promoción Económica presenta a avaliación dos Mercados de Agosto adicados á Ribeira Sacra |
Os mercados de agosto rexistraron un aumento moi significativo na afluencia de visitantes con respecto ao dos últimos meses. Asemade o feito de estar dedicados aos produtos da Ribeira Sacra os 4 fins de semana, servíu de incentivo para que clientes locais e, en especial, turistas acudisen. |
11/09/2013 | Noticias histórico |
O corte de auga que afectará ó casco urbano realizarase na noite do día 25 de setembro |
O alcalde compareceu hoxe en rolda de prensa para comunicar que o corte de auga que afectará a todo o casco urbano, motivado polas obras de mellora nos depósitos de San Vicente, realizarase entre as 22:00 h. do mércores día 25 e as 9:00 h. do xoves día 26 de setembro.
|
20/09/2013 | Noticias histórico |
Reciclaxe de ordenadores con destino a familias con dificultades económicas |
A concellería de Benestar Social do Concello de Monforte de Lemos, en colaboración co IES Pinguela, levarán a cabo un proxecto de recollida, reciclaxe e doazón de equipos informáticos ás familias con fillos e fillas con dificultades económicas da localidade.
|
25/09/2013 | Noticias histórico |
Os comerciantes outorgan un notable á actuación do Concello na Praza de Abastos |
A concelleira de Promoción económica, Mª Xosé Vega, deu a coñecer os datos dunha enquisa realizada entre o comercio local sobre a reforma da Praza de Abastos e os Mercados Temáticos que se celebran nese espazo.
|
03/10/2013 | Noticias histórico |
O alcalde de Monforte chama á unidade de acción para lograr a declaración de Patrimonio da Humanidade |
O alcalde de Monforte compareceu en rolda de prensa para falar do proceso para conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade.
Severino Rodríguez comezou recoñecendo o traballo dos presidentes das deputacións de Lugo e Ourense e agradecéndolles ter iniciado este proceso.
|
15/10/2013 | Noticias histórico |
Obradoiros e conta contos na Biblioteca Municipal |
A concellería de Educación e Cultura, dirixida por Pilar López, organiza na Biblioteca Municipal unha serie de actividades destinadas ós rapaces e rapazas.
Baixo o epígrafe “Déixame que che conte”, e entre os meses de outubro e abril, desenvolveranse obradoiros variados e conta contos para nenos e nenas.
|
17/10/2013 | Noticias histórico |
A Aula de Teatro do Concello retoma a actividade no mes de novembro |
Un ano máis a concellería de Xuventude porá en marcha, co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a Aula Municipal de Teatro.
|
18/10/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde alégrase de que a Confederación Hidrográfica cumpra coa súa obriga |
O alcalde, Severino Rodríguez, mostra a súa satisfacción por qué a Confederación Hidrográfica Miño Sil cumpra coa súa obriga de realizar a limpeza do río Cabe e dos regatos de Monforte.
|
30/10/2013 | Noticias histórico |
A experiencia de “Mercados de Monforte” foi seleccionada para abrir o Fórum 2014 de Zaragoza sobre novas tendencias comerciais |
O concello de Zaragoza deseñou un encontro entre os actores das primeiras experiencias dunha nova forma de entender a actividade comercial. O obxectivo é recoller ideas para a transformación da zaragozana Estación del Norte nunha nova área comercial.
|
18/03/2014 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »