Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
O goberno municipal presentou unha iniciativa ó PXOM respecto dos chamados “fóra de ordenación”

Tal e como anunciaron no día de onte Severino Rodríguez e Mº Xosé Vega, o grupo de goberno de Monforte presentou hoxe nas oficinas do Rexistro Municipal unha proposta respecto do Plan Xeral.

 

07/02/2013 Noticias histórico
O Concello contrata con empresas de Monforte o 80 % das adxudicacións directas

A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, ofreceu unha rolda de prensa para facer públicos os datos sobre a facturación do Concello, saíndo ó paso das declaracións do PP sobre  a excesiva contratación de empresas de fóra de Monforte.

 

10/02/2013 Noticias histórico
O Alcalde entrevistarase co conselleiro de Economía e Industria

O alcalde de Monforte entrevistarase o próximo luns, día 25 de febreiro, co conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde López.

 

Severino Rodríguez expoñeralle ó conselleiro o proxecto que se está desenvolvendo na Praza de Abastos de Monforte, e abordará outros asuntos relacionados co comercio local.

 

21/02/2013 Noticias histórico
O Alcalde reunirase co comité de empresa de Renfe

O Alcalde convocou a unha reunión ós integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte.

 

26/02/2013 Noticias histórico
O Alcalde ofrece a súa colaboración para manter os postos de traballo no taller de Renfe

O Alcalde  reuniuse esta mañá cos integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte para abordar a situación orixinada polo posible traslado a Ourense dos 19 traballadores que prestan os seus servizos no taller da cidade do Cabe.

 

27/02/2013 Noticias histórico
O goberno municipal solicitará o apoio da Corporación á manifestación en defensa do Hospital Comarcal

01/03/2013 Noticias histórico
O goberno municipal rexeita a supresión das oficinas de Rexistro da Propiedade

A supresión das oficinas liquidadoras dos Rexistros da Propiedade nos concellos galegos centra unha moción presentada polo grupo de goberno monfortino que será debatida no próximo pleno.

 

Segundo expón a proposta dos nacionalistas, a Xunta decidiu suprimir as oficinas dos Rexistros da Propiedade en máis de corenta municipios das catro provincias galegas.

 

03/03/2013 Noticias histórico
Incrementarase a colaboración entre as forzas de seguridade para controlar a zona de pubs

Este luns celebrouse unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, solicitada polo alcalde de Monforte para analizar a situación da rúa Duquesa de Alba.

 

05/03/2013 Noticias histórico
Este mércores día 13 celebrarase un pleno extraordinario sobre o Hospital Comarcal

Severino Rodríguez, en calidade de  presidente do Pleno da Corporación de Monforte,  convocou unha sesión extraordinaria e urxente solicitada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, por apreciar a existencia de motivos que impiden demorar a consideración do asunto que figurará na orde do día ata a próxima sesión ordinaria.

 

12/03/2013 Noticias histórico
O Alcalde solicita unha entrevista urxente co presidente da Xunta de Galicia

O alcalde de Monforte solicitou esta mañá unha entrevista urxente co presidente da Xunta “co obxecto de recibir unha aclaración sobre o futuro do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos”.

 

Severino Rodríguez dirixiu a petición a Nuñez Feijoo a través de correo postal, adiantando a mesma mediante correo electrónico.

 

18/03/2013 Noticias histórico