Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
As solucións á crise que afrontan os concellos debateranse nunha reunión en Monforte

O alcalde, Severino Rodríguez, anunciou esta mañá que o próximo día 15 de xuño celebrarase unha reunión, na Casa da Cultura de Monforte, para falar da situación que atravesan os pequenos concellos e para procurar medidas que solucionen a súa problemática.

 

05/06/2013 Noticias histórico
As autoridades visitan as obras da nova ETAP un ano despois do seu inicio

O Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez, a Directora General de Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), Aránzazu Vallejo, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitaron esta mañá as obras da nova ETAP de Monforte.

 

10/06/2013 Noticias histórico
Monforte aspira a acoller a pretempada do Deportivo

O adestrador do R.C Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, e o director deportivo do club, Ernesto Bello, visitaron esta mañá as instalacións deportivas de Monforte e o Hotel Balneario Augasantas, en Pantón.

 

14/06/2013 Noticias histórico
Alcaldes e concelleiros lucenses únense en defensa da administración local

Medio cento de alcaldes e concelleiros pertencentes a 28 municipios lugueses asistiron á reunión convocada polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, para falar da situación que atravesan os pequenos concellos e para procurar medidas que solucionen a súa problemática.

 

17/06/2013 Noticias histórico
O Concello pon en marcha un Programa de Préstamo de Libros

A concelleira de Benestar Social, Pilar López, acompañada polas directoras dos colexios A Gándara e CEIP Monforte, Gloria Cortiñas e María Núñez, respectivamente, presentou o Programa de Préstamo de Libros posto en marcha pola súa delegación.

 

21/06/2013 Noticias histórico
O Concello achega 10.000 euros para becas escolares

A concellería de Benestar Social destina 10.000 euros a becas para a adquisición de libros de texto e material escolar durante o ano lectivo 2013/2014.

 

Estas becas diríxense ó alumnado empadroado e escolarizado nos centros educativos de Monforte nalgún dos cursos obxecto da convocatoria:

 

Infantil (3, 4 e 5 anos).

Educación Primaria

02/07/2013 Noticias histórico
Alcaldes e concelleiros lucenses volverán reunirse na Pastoriza o día 20 de xullo

Alcaldes e concelleiros da provincia de Lugo volverán reunirse o sábado día 20 de xullo no concello da Pastoriza, dándolle continuidade ó encontro celebrado en Monforte o pasado día 15 de xuño.

 

10/07/2013 Noticias histórico
Seis concertos amenizarán as prazas de Monforte no mes de agosto

A concelleira de Cultura, Pilar López, presentou a actividade musical de verán “Concertos de Música Moderna nas Prazas”, nun acto no que estivo acompañada por Fernado Sanmartino, director do Conservatorio Municipal, e Alfonso Muñoz, de Fábrica de Sons.

 

12/07/2013 Noticias histórico
Mercados de Monforte será un escaparate dos produtos da Ribeira Sacra

A concelleira de Promoción Económica, Mº Xosé Vega, presentou os mercados temáticos do vindeiro mes de agosto, mes no que estes mercados que se celebran na Praza de Abastos de Monforte estarán dedicados exclusivamente ós produtos da Ribeira Sacra.

 

18/07/2013 Noticias histórico
Ordenación do tráfico de vehículos con motivo das Festas Patronais

Para facilitar a instalación dos postos das Festas Patronais, o estacionamento do Parques dos Condes permanecerá pechado ao tráfico a partir do día 6 ás 24 h. Como espazos de aparcadoiro alternativos sinálanse as rúas Sarria e Escultor Francisco Moure.

06/08/2013 Noticias histórico