Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Reunión a prol dun entroido responsable

A concelleira de educación, Pilar López, convocou ós directores e directoras dos centros de ensino da cidade a unha reunión que se celebrará mañá mércores ás 16:30 h. A finalidade da xuntanza é falar cos responsables dos centros educativos sobre a celebración do entroido e sensibilizar ós mozos e mozas para facer do entroido unha manifestación festiva de solidariedade.

 

31/01/2012 Noticias histórico
Un paso máis na promoción do emprego e do fomento empresarial

O goberno municipal de Monforte, na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro xoves, dará o visto e prace a solicitude da subvención para a contratación dun/dunha orientador/a laboral, en base á orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de decembro de 2011, publicada no DOG o 11/01/2012.

 

31/01/2012 Noticias histórico
A concienciación será o eixo para evitar o lanzamento de alimentos no entroido

A concelleira de educación, Pilar López, reuniuse con representantes da práctica totalidade dos centros de ensino da cidade para falar dun aspecto negativo que nos derradeiros anos está presente na celebración do entroido monfortino

 

01/02/2012 Noticias histórico
O Concello urbaniza a rúa Miguel de Cervantes

A brigada de obras do concello de Monforte traballa dende comezos do pasado mes de xaneiro na urbanización da rúa Miguel de Cervantes, unha actuación que se prolongará ata o próximo mes de marzo.

 

Trátase dun espazo degradado que a concellería de obras, dirixida por Xosé Manuel Pavón, está rexenerando con medios municipais.

 

02/02/2012 Noticias histórico
Monforte tén 125 veciños/as en risco de perder dereitos cidadáns

O Instituto Nacional de Estatística (INE) requiriu ó concello de Monforte para que a entidade municipal comunicara a un total de 425 veciños/as que pasaran polo Concello para presentar o seu DNI, xa que non constaban na base de datos que manexa este organismo estatal.

 

02/02/2012 Noticias histórico
O Concello solicitará tres cursos para desempregados/as

O Concello solicitará á Consellería de Traballo e Benestar  a realización de tres cursos AFD (antigo Plan FIP) dirixidos á formación de desempregados/as.

 

Os cursos que solicitará o Concello de Monforte son os de:

 

08/02/2012 Noticias histórico
Grande éxito de participación no Entroido 2012

A concelleira Pilar López destacou a grande orixinalidade, humor e imaxinación do participantes e salientou a normalidade transgresora da festa que se "desenvolveu sen maiores incidentes e nun ton festeiro, e ao tempo solidario, co que os monfortinos e monfortinas demostraron que se pode pasalo ben e facer o ben".
 

22/02/2012 Noticias histórico
Samuel Perea e Victor Gloger achegan a Monforte a gastronomía sefardí

O malagueño Samuel Perea e o israelí Victor Gloger, fundadores da ONG “Cocina por la Paz”, fixeron unha demostración de cociña sefardí no Parador de Monforte de Lemos, nunha sesión á que asistiron oito cociñeiros/as de establecementos hoteleiros da cidade.

 

28/02/2012 Noticias histórico
O aforro no gasto municipal capitaliza o esforzo do Plan de Axuste

A concelleira de facenda, Mª Xosé Vega, explicou a proposta de axuste económico que o goberno municipal someterá á aprobación da Corporación Municipal no vindeiro pleno que se celebrará na mañá do venres día 30 de marzo.

 

28/03/2012 Noticias histórico
Aberto o prazo de inscrición para un curso da UNED

A Aula Universitaria da UNED de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para o  curso ¿Como educar a nosa intelixencia emocional?, que se celebrará os días 20 e 27 de abril.

 

En total serán 25 horas lectivas repartidas en dúas sesións de catro horas de duración e dezasete horas de traballo online.

 

13/04/2012 Noticias histórico